Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que o PSOE está nevioso

Nota de prensa:
González Barcia: “o PP estivo, está e estará a disposición de todas as asociacións de Burela, incluido O Vencello”.

Afirma que “o único membro do PSOE burelés na conversa dos membros de O Vencello con Blanco era o alcalde”.

O candidato popular, convencido do nerviosismo dos socialistas.

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Burela e candidato á alcaldía, José María González Barcia, manifestou hoxe a súa postura a raíz da publicación por parte do PSOE burelés dunha nota de prensa sobre a conversa de membros de O Vencello con José Blanco o pasado venres día catro, nota de prensa na que tamén se fai mención a Barcia.

“En primeiro lugar, non me sorprende a sarta de insultos e descalificacións que figuran na nota de prensa, enmarcada nunha linguaxe rebuscada e mesmo hortera; quen insulta e sementa difamacións, non merece ningún calificativo porque se descalifica a si mesmo. O único que merece é o repudio, porque non hai calificativo que se lles poida aplicar.

Segundo, tampouco me sorprende o afán de protección que teñen os socialistas de Burela con Blanco: a min xa me puxeron verde hai meses por pedirlle ó ministro axilidade para as obras que afectan a Burela. O que deixa ben ás claras a incapacidade do alcalde e dos socialistas de Burela de decirlle nada a Blanco que poida molestalo. Por eso os socialistas non falan do corredor Barreiros-San Cibrao, que cando menos tén tanta importancia para Burela coma o acceso ó porto. Pero que non se preocupen, porque o PP seguirá falando do indicado corredor, lles guste ou non (que non lles gusta) por tres razóns: porque é importante para Burela e a comarca; porque o goberno de Zapatero non o tén nas súas prioridades, para desgracia de Burela, como queda demostrado coa asusencia de compromisos de prazos; e porque no PP estamos empeñados en falar de el, e falaremos, non teñan dúbida.

Terceiro, o único membro do PSOE burelés presente no grupo de cinco persoas, entre as que se atopaba Blanco, que dan lugar á nota de prensa socialista era o alcalde, que ademáis é secretario xeral da agrupación local; os outros, ademais do propio Blanco, eran tres membros de O Vencello. Eu estaba nunha terceira fila, a dous metros dese grupo, e puiden percibir parte da conversa e ver as caras das cinco persoas, e en ningún momento percibín nin malos modos nin malos xestos, polo que a nota socialista é unha mentira desde o principio ó final, e quen a escribiu minte. Eso sí, nunha segunda fila estaban os parlamentarios autonómicos socialistas Tomé Roca e Sonia Verdes, que eses sí que se fartaron de interrumpir a conversa que mantiña o grupo de Blanco e O Vencello co alcalde, nun xesto de mala educación, porque ademais eles non teñen nada que ver nin con Burela nin coa Mariña, con todos os respectos para as comarcas de Monforte e Vilalba, que seguro xa saben quenes son estes douss personexes logo de ver os apoios que tiveron nos seus concellos respectivos nas eleccións autonómicas. Verdes e Tomé fixeron continuas referencias ó corredor San Cibrao-Ferrol, en obras actualmente, para desgracia para eles.

Cuarto, o PP de Burela sempre estivo, está e estará a disposición de calquera asociación e colectivo burelés para todo o que precisen e o PP poida axudar, e neses colectivos está O Vencello. Colectivo que por certo tén demostrado que se defende perfectamente solo e que ademais se preocupa por todos os problemas que hai en Burela. O PSOE está molesto porque desde o PP acompañemos á directiva de O Vencello a certas reunións, cando é a nosa obriga: pois miren, o que se pica, é que allos come; poden facer eles o mesmo coa Deputación, ou aquelas célebres entrevistas que todos os que redactáramos as alegacións sobre o corredor Barreiros-San Cibrao teríamos cos reponsables de estradas de Galicia e mesmo co ministro, e ás que se comprometera o alcalde e secretario xeral do PSOE local. O certo é que logo de máis de ano e medio non houbo nin unha nin a outra, porque ainda que Blanco veu a Burela dúas veces, xa vemos que non se pode falar con el, porque os socialistas cabréanse. Cabreo que demostra o seu nerviosismo, especialmente cando se fala desta obra, do coredor Barreiros-San Cibrao, que saben que non se vai facer porque non entra nas prioridades de Fomento, e eso resta votos. A obra do acceso ó porto está tendo uns trámites administrativos e se teñen anunciado uns prazos pola Xunta, pero é que Fomento non anuncia nin eso, e esa é a grande diferencia entre a Xunta e Fomento.

Quinto, dado que o único responsable do PSOE burelés nese grupo de cinco era o alcalde, o que o convirte en redactor da nota ou no“chivato” de turno foi el porque foi o único que puido ver o que ocurría, que non ocurríu nada. E de aquí sácanse dúas conclusións: a primeira, que quen redactou foi o alcalde; ou ben, segunda, facilitara a información. Pero en todo caso o alcalde, como secretaio xeral, tén forzosamente que coñecer a nota de prensa e autorizar a súa publicación, como máximo responsable do partido en Burela, o que o convirte automáticamente en responsable da mesma. Desde logo, no PP burelés, hasta o de agora, o responsable directo da publicación de calquera nota de prensa é o presidente local, neste caso eu, ainda que a nota sexa elaborada por outro compoñeiro. Se no PSOE non é así, alá eles, non serei eu quen lles dea leccións de organización interna, pero queda unha pequena impresión de que o secretario xeral pinta pouco na agrupación local socialista de Burela.

Finalmente, quero decir que xa vemos que a estes señores lles vale todo, os insultos, as descalificacións, etc., e que así estarán hasta as eleccións; xa levan dúas cartas, acaban de empezar. Os cidadáns de Burela temos que telo claro, xa que con tal de non perder o poder farán todo o que sexa posible, e desprestixiarán e difarmarán todo o que sexa preciso, como din eles, nunha lección de democracia e de exercicio da liberdade de expresión. Os cidadáns de Burela temos que darnos conta de que queren meter medo, silenciar calquera opinión que vaia na súa contra (xa vemos, primeiro contra a presidenta de O Vencello e agora contra dun directivo), e eso é, lisa e llanamente, fascismo (agardo que non o tomen como insulto…). Ó PP nos dá igual que o alcalde ande con Xan ou Pedro, coma carne ou peixe, ou se deite tarde ou cedo, porque o que nos interesa é a actividade e os resultados políticos. En cambio, para os socialistas é preciso controlalo todo, e ese todo, ou sexa, tanto a actividade pública coma as cousas máis persoais, usaranas para desprestixiar. Logo, cando desde o PP se critica a actuación do bigoberno local e do alcalde, dísenos que o que queremos é destruir o labor do alcalde e desprestixiar o que fai, entre outras cousas innombrables. E o que tiña que facer o alcalde durante estes catro anos era traballar, palabra que non entra no seu diccionario. Só chega con oir á xente agora que están pintando os pasos de peóns: nada en catro anos, e agora que faltan tres meses para as eleccións… En fin.”

Exit mobile version