Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que o alcalde non fala con claridade

NOTA DE PRENSA

“Quen tardou un ano en arreglar o Perdouro, e quen tapou o informe de Fomento sobre o corredor Barreiros-San Cibrao, non fun eu: foi o alcalde”, afirma Barcia.

O portavoz popular reitera que o informe de Fomento esixe que se reflexe no PXOM o trazado proposto para o corredor.

Asegura que “o alcalde só lía as cousas e nunca fala con claridade”.

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, fixo no día de hoxe unhas manifestacións acerca das últimas declaracións do alcalde sobre o Perdouro e o avance do PXOM. Barcia considera que o alcalde ”só trata de liar as cousas, tén a virtude de non decir nada nunca e non falar con claridade, e así trata de culpar ós demais da súa desidia e falla de preocupación. Creo que é evidente que quen retrasou un ano o arreglo do Perdouro e quen tapou o informe desfavorable de Fomento esixindo que se reflexe no PXOM o trazado que eles propón, non fun eu, senón o alcalde”.

En relación co informe desfavorable emitido polo Ministerio de Fomento sobre a inclusión do trazado do corredor Barreiros-San Cibrao ó seu paso por Burela no avance do PXOM, Barcia asegura o seguinte: primeiro, o documento está no concello desde o día 28 de setembro de 2010. Informouse dese informe ós grupos políticos e colectivos que participaron nas alegacións ó trazado por Fomento sobre o corredor Barreiros-San Cibrao? Non. Segundo, o informe di claramente que “En el plano de información IU-02 ‘Afeccións sectoriais’… se deberá incluir como afección sectorial el trazado y la banda de fluctuación de la opción seleccionada para la autovía de conexión entre San Cibrao y Barreiros”. Estou dicindo a verdade ou estou mentindo, ou é que o alcalde nin leu o informe?. Terceiro, o alcalde di que Fomento ainda non tén claro por onde vai pasar o corredor; se é así, por qué pón o pón no informe? Cuarto, o avance do PXOM non reflexa ningún trazado do corredor no termo municipal de Burela, é certo, pero eu non dixen o contrario, e o vial que recolle desde a rotonda do Hospital hasta a zona de A Puida é xustamente o que o goberno municipal do PP propoñia no seu día para dar acceso ó parque empresarial desa zona que o actual alcalde tén totalmente paralizado. Quinto, o prazo legal para a resolución das alegacións presentadas polo concello de Burela acababa en setembro de 2009; están resoltas ou non? Non. Sexto, o alcalde dixo publicamente que se tería unha reunión co ministro Blanco para explicarlle o que Burela pedía. Houbo esa reunión? Non. Pola contra, o que si houbo foron unhas reaccións de auténtica tolemia cando eu me dirixín a Blanco para demandarlle unha solución rápida nunha visita que fixo a Burela o verán de 2010. Sexto, que sabe o alcalde que saibamos os veciños? Eu estou seguro de que sabe algo que oculta, o tempo dará e quitará razóns, andaremos e veremos”.

O alcalde tén que recoñecer que neste asunto non xestionou nada, como de costume, e se tén dignidade política debe convocar a comisión de seguemento do PXOM así como convocar ós grupos políticos e colectivos que participaron na redacción das alegacións ó trazado do corredor, para informar do contido do informe e explicar que medidas se van tomar. Nós, en concreto, queremo saber se o equipo redactor vai incluir no avance do PXOM o trazado proposto por Fomento, ou vai incluir o que propón o conello, e eso hai que sabelo canto antes, porque a tramitación do PXOM non debe pararse. E quen tén a responsabilidade de explicar as cousas é o alcalde. Polo tanto, menos leria e máis traballo.

No que se refire o asunto do derrube do Perdouro, González Barcia asegura esquece que a travesía municipal é competencia do concello. Ademais, “creo que o alcalde nin se leu a memoria, elaborada, teño que decilo unha vez máis, pola Deputación en marzo de 2010 para levar a cabo a reparación, por eso fala da riada como único factor causante do derrube; polo tanto, pídolle que se lea con calma a memoria, porque vexo que este home non lé nin un só papel que chega ás súas mans, e se lé non é capaz de entender o que lé. E ademais, primeira pregunta, a travesía municipal é competencia do concello, si ou non? Sí. Segunda, quen era a administración competente con anterioridade, a Xunta ou o Ministerio de Fomento? Fomento. Terceira, polo tanto, cal é a administración que tén arreglar a desfeita? Ou o concello ou Fomento. Cuarto, é certo que o alcalde dixo en marzo e que sería a Deputación quen fixese a reparación, si ou non? Sí. Quinta pregunta, é certo que o alcalde e o presidente da Deputación anunciaron en agosto que as obras se farían en setembro, si ou non? Sí. Sexta, é certo que levamos un ano de retraso? Sí. Sétima pregunta, é certo que se comenzaron as obras da reparación o luns día 21, que se pararon o martes día 22 pola mañán, e que o mércores e o xoves non houbo ninguén traballando, sí ou non? Sí. E oitava pregunta, que debe contestar el, por que consinte semellante retraso na realización da obra?”.

Segundo Barcia, desde logo, un ano para esto non é exemplo de trasballo. E engade: “di alcalde que comenzo a mentir….; se demostra que eu minto nestas dúas series de preguntas e respostas, deberá decilo alto e claro, porque de non ser así o único mentiroso sería el”.

En definitiva, que estamos ante dúas situacións que reflexan, segundo Barcia, o pasotismo do alcalde, o seu pouco interese polos asuntos municipais. Ademais, con quen hai que ter cuidado é co alcalde, porque cando algo non sae como el quixera, a culpa sempre é dos demais, sobre de todo do PP e da Xunta. E ademais tamén hai que ter cuidado con el porque, como non é de fiar e non é exemplo de persoa traballadora, é capaz de todo co único fin de non asumir nunca a súa responsabilidade.

Por certo, nós seguiremos opinando sobre datos e sobre papeis cando o estimemos oportuno, e non nos vamos plegar ás veladas ameazas desta persoa que xa sabemos como as gasta: nós sí teremos moito control, como o tivemos hasta agora, sobre o que faiga ou diga o alcalde; cuidado non teremos ningún, porque non nos dá ningún medo.

Exit mobile version