Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela anuncia que a Xunta sacará a información pública un novo proxecto de acceso ao porto

Nota de prensa:
González Barcia afirma que a Xunta sacará a información pública o novo e modificado proxecto do acceso ó porto durante este mes.

O investimento previsto é de oito millóns e medio de euros, máis do doble do presuposto de adxudicación de hai tres anos.

O portavoz dos populares di que houbo que facer un novo proxecto para adaptar o anterior a unha sentencia xudicial.

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, considerou razonables e satisfactorias as explicacións sobre a situación presente da obra do acceso ó porto de Burela e fundamentalmente sobre os pasos a dar de cara ó futuro para a continuidade e finalización da obra, porque hai compromiso de facer a obra e porque se vai tentar axilizar na medida do posible os prazos que hai que seguir nunha situación como esta, que non é para nada unha situación normal, senon máis ben o contrario.

Barcia mantivo unha reunión onte, martes, pola tarde, xunto con representantes da Asociación de Veciños O Vencello e do parlamentario popular José Manuel Balseiro, coa Directora Xeral de Infraestructuras Ethel Vázquez.

González Barcia recoñeceu unha vez máis que esta obra, dunhas características un tanto complexas, é fundamental para o desenvolvemento do porto burelés, da propia vila e tamén para o conxunto da comarca, dado o peso específico do sector pesqueiro de Burela. E como é unha obra fundamental, Barcia afirmou que a obra está a ter, e terá, un interés especial para o PP burelés. E o PP en todo momento dá e dará información veraz ós cidadáns sobre os trámites da obra.

Dito esto, asegurou que a Xunta está actuando con criterio, cumplindo os trámites que marca a lexislación vixente, e tamén suxetándose ó dictado por unha sentencia xudicial, porque houbo que volver a facer, practicamente, un novo proxecto da obra, a raíz precisamente desa sentencia xudicial, e a raíz de problemas técnicos que apareceron ó arrancar a obra. Pois ben, ese proxecto está feito, e logo duns pequenos axustes presupostarios, a Xunta procederá á súa exposición ó público durante o presente mes de febreiro, cun prazo de un mes para particulares e de dous para administracións. Seguidamente, mui probablemente en maio, anunciarase a licitación da obra, obra que conta, según o novo proxecto, cun presuposto de oito millóns e medio de euros, máis do doble do presuposto no que foi adxudicada en maio de 2007 pola Xunta bipartita.

Para González Barcia, que indicou que legalmente non se pode facer un modificado do proxecto con unha porcentaxe superior ó cen por cen do presuposto de adxudicación, o realmente importante é o compromiso da Xunta de acortar todo o posible os prazos dentro da normativa vixente, para acelerar o reinicio das obras, eso sí, cun novo proceso de licitación e adxudicación.

Barcia indicou que neste novo proxecto será o novo vial o que pase por debaixo da vía de FEVE, aspecto que encarece a obra, pero que atende así ós requerimentos da sentencia xudicial.

Exit mobile version