Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento aprobou unha iniciativa do PSOE na que se insta ao goberno da Xunta a licitar a nova edar e colectores en Foz

Nota de prensa

O PARLAMENTO APROBA UNHA INICIATIVA SOCIALISTA NA QUE SE INSTA AO GOBERNO DA XUNTA A LICITAR A NOVA EDAR E COLECTORES EN FOZ

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego valorou positivamente o posicionamento parlamentario a prol dunha iniciativa que da resposta a unha necesidade que é urxente resolver na comarca da Mariña, e en concreo no concello de Foz, e que ten que ver co tratamento de verquidos e a protección medioambiental

– Lembrou que no plano de saneamento de Galicia, incluíronse por parte do anterior Goberno os colectores xerais e EDAR de Forxan no concello de Foz

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu hoxe na Comisión 2º do Parlamento para reclamar que se adopte tódalas medidas precisas para proceder á licitación, no prazo mais breve posible, dos colectores xerais e a EDAR de Forxan no Concello de Foz. A iniciativa, que foi transacionada, foi aprobada por unanimidade.

Na súa intervención o deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego lembrou que no plano de saneamento de Galicia, incluíronse por parte do anterior Goberno os colectores xerais e EDAR de Forxan no concello de Foz.

Rego sinalou que esta vila lucense, que conta cun ampla tradición turística moi importante para a Comarca, ten paralizada esta infraestructura dende a chegada de Feijoo ao Goberno da Xunta.

O deputado socialista subliñou que é importante buscar co acordo de tódalas administracións o lugar idóneo para súa ubicación. Lembra ademais que os cidadáns levan moitos anos pagando o canon de saneamento pero sen contar coa EDAR.

Rego valorou positivamente o posicionamento parlamentario a prol dunha iniciativa que da resposta a unha necesidade que é urxente resolver na comarca da Mariña, e en concreo no concello de Foz, e que ten que ver co tratamento de verquidos e a protección medioambiental, e polo tanto do envidiable paraxe mariñán como zona donde existe un emerxente sector turístico que van a fortalecer a situación socioeconómica da Comarca e da provincia de Lugo.

TEXTO APROBADO POR UNANIMIDADE NA COMISIÓN 2º DO PARLAMENTO;

O Parlamento de Galicia insta ao Goberno Galego a estudar co Concello de Foz a ubicación da nova EDAR, atendendo a criterios urbanísticos e medioambientais, de xeito que permita proceder no prazo mais breve posible a súa licitación e a dos colectores xerais para dar servicio a vila de Foz.

Exit mobile version