Site icon Crónica3.com A Mariña

O Panificadora del Eo-Ribadeo FS mantense en postos de permanencia

Nota de prensa

O Panificadora mantense nos postos de permanencia

Os resultados da décimo oitava xornada non poñen en perigo o Panificadora del Eo-Ribadeo FS, ao que esta fin de semana lle tocou descansar posto que que disputou a súa cita co Funeraria Apóstol FS o 15 de xaneiro, a petición do equipo visitante (0-5).

A derrota do Carballiño FS como local ante o Concello de Mos FSF (3-7) segue mantendo as ribadenses fóra dos postos de descenso. Tamén perdeu o FC Meigas, outro dos equipos que loita por evitar o descenso e ao que o Panificadora lle segue o ronsel a 8 puntos.

O vindeiro sábado as mariñás desprazaranse a Vimianzo para enfrontarse ao Fisober FSF, noveno (24 puntos), coa ilusión de poder sumar á súa cuadrícula.

Provincial feminina. O Xoula-Ribadeo FS ascende á cuarta posición, ao golear a domicilio o Guitiriz FSF (0-5). Nas filas mariñás xogaron Antía, Elvira, Fátima, Elena e Eva, no cinco inicial, xunto a Marta, Tania Penabad, Carmen e Montse. Os goles foron anotados por Elvira, Elena, Eva e Tania (2).

Provincial masculina. Destacada afluencia de público para presenciar o inicio da segunda volta cos representantes do municipio mariñán, CD Cubelas FS e Ribadeo FS, nun partido que se desenvolveu con claro dominio do equipo visitante (0-2). Tras a vitoria, o Ribadeo ocupa a quinta praza (28 puntos), á espera de recibir o vindeiro sábado día 12 (19.15 horas) ao Samos FS, sexto (23 puntos).

Exit mobile version