Nota de prensa
JOSE BLANCO COLOCARÁ A PRIMEIRA PEDRA DA NOVA CAPITANÍA MARÍTIMA DE BURELA O VINDEIRO VENRES ÁS 17:30 HORAS.
Burela, 1 de febreiro de 2011. O ministro de Fomento, José Blanco, colocará a primeira pedra da nova Capitanía Marítima de Burela o vindeiro venres ás 17:30 horas, segundo acaba de confirmar o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor explica que “iso sucederá nos terreos fronte á praia do Penoural e despois xa no Concello no salón de plenos o ministro explicará os pormenores desta importante obra para a nosa vila”.
Así rematará a visita institucional que cursará o 4 de febreiro o titular de Fomento a Burela.