NOTA DE PRENSA
GRUPOS DE BUSCA DE EMPREGO
O Concello de Xove é coñecedor das dificultades que poden xurdir en torno a unha situación de desemprego, que no memento actual se atopan incrementadas pola persistente crise económica; pero sabe tamén da importancia de adoptar unha actitude activa e planificada na procura dun traballo, sobre todo nestes tempos.
Por iso, a través do seu Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, organiza un ano máis, GRUPOS DE BUSCA DE EMPREGO co obxectivo de facilitar a inserción laboral das persoas desempregadas de Xove.
A organización destes grupos vai dirixida a tódalas persoas veciñas do municipio, que estando anotadas no Plan de Emprego Municipal 2011, non atopen un posto de traballo e así o desexen.
Estes grupos estarán titorizados por persoal do Dpto. de Emprego e Desenvolvemento Local, (que conta cunha orientadora laboral) e desenvolverán as seguintes actividades:
-
- Lectura de xornais, Diario Oficial de Galicia e outras publicacións e documentación adecuada.
- Busca de Ofertas de Emprego.
- Redacción de Currículo Vitae e Cartas de Presentación.
- Preparación para Entrevistas de Traballo.
- Confección de listados de empresas ás que enviar curriculos.
- Charlas informativas de persoas relacionadas con recursos humanos de distintas empresas.
- Todas aquelas outras que se demanden desde o grupo e sexan factibles.
As reunións destes grupos serán semanais e terán lugar os luns das 17:00 ás 18:00 H. na Aula de Formación do Concello de Xove.
Estes grupos inician as súas reunións o próximo luns 28 de febreiro na Aula de Formación do Concello e asistirán as quince persoas que están anotadas. No caso de haber máis persoas interesadas poden anotarse no Dpto. de Emprego e Desenvolvemento Local, podendo formarse novos grupos, xa que é máis adecuado que o tamaño dos grupos sexa pouco numeroso.
Estes grupos celébranse no MARCO DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL.
O Plan de Emprego regula unha subvención para as empresas que contraten persoas desempregadas de Xove, podendo chegar á cantidade de 6.000 €.
Na súa modalidade de autoemprego, subvenciona ás persoas do municipio que crean o seu propio posto de emprego dándose de alta en autónomos ou creando algún tipo de sociedade no propio municipio. (Ver díptico explicativo que se achega).
As cifras do PEM-2010 son as seguintes:
RESULTADOS DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL 2010
BENEFICIARIOS/AS DO PLAN DE EMPREGO 2010. CONTRATOS POR CONTA ALLEA | |||
MULLERES | HOMES | ||
INICIADOS | PRORROGADOS | INICIADOS | PRORROGADOS |
21 | 17 | 11 | 38 |
TOTAL: 38 | TOTAL: 49 | ||
TOTAL: 87 |
TIPOS DE CONTRATO SUBVENCIONADOS POLO PEM 2010 | |||
MULLERES | HOMES | ||
TEMPORAL | INDEFINIDO | TEMPORAL | INDEFINIDO |
20 | 18 | 11 | 38 |
TOTAL: 38 | TOTAL: 49 | ||
TOTAL: 87 |
AUTÓNOM@S BENEFICIARIOS PEM 2010 | |||
MULLERES | HOMES | ||
INICIADOS | PRORROGADOS | INICIADOS | PRORROGADOS |
6 | 1 | 1 | 1 |
TOTAL: 7 | TOTAL: 2 | ||
TOTAL: 9 |
EN TOTAL, NO PEM 2010 INVESTÍRONSE 44.498,95 €