Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Viveiro recibiu a selección comarcal infantil de fútbol sala


A/A MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O alcalde de Viveiro, Melchor Roel, ofreceu onte unha recepción oficial á selección comarcal infantil de fútbol sala, que logrou o subcampionato no Campionato Galego de Seleccións Comarcais, nunha fase final que se disputou no pavillón muncipal da cidade viveirense o pasado día 30 de xaneiro. Os xogadores, acompañados do seu adestrador, Christian Gómez Fustes, acudiron á nova casa consistorial de Viveiro, donde Roel os felicitou pola súa exitosa participación na competición. O rexidor da cidade do Landro entregoulles a cada un deles un pequeno recordo do seu paso pola selección comarcal infantil.

Exit mobile version