Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo xustifica a instalación de colectores para a recollida de roupa

Nota de prensa:
HORACIO CUPEIRO ASEGURA QUE OS CONTEDORES PARA A RECOLLIDA DE ROUPA ERAN NECESARIOS E DILLE A RODRÍGUEZ ANDINA QUE NON É QUEN DE DARLLE LECCIÓNS DE DIGNIDADE A NINGUÉN.

Ribadeo, 18 de febreiro de 2011. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, asegura que os contedores para a recollida de roupa eran necesarios debido á demanda existente. O edil nacionalista dille a Rodríguez Andina que non é quen de darlle leccións de dignidade a ninguén.

Cupeiro sinalou que “onte apareceu o señor Andina criticando a colocación duns contedores de roupa no noso concello por aquelo de que no ano 2001 alguén criticara a esta mesma ONG. Quero dicirlle que os contedores de roupa eran necesarios e como había esta demanda vímonos casi obrigados a colocalos”.

O concelleiro de Medio Ambiente considera que “non é a miña misión controlar a ningunha ONG, sobre todo cando están rexistradas nos ministerios correspondentes e cando esta mesma ONG está dada de alta como Fundación desde xaneiro de 2010. E tamén lle quero dicir que nin él (Rodríguez Andina) nin ninguén quen nos vaia dar exemplo de dignidade, dado que a dignidade non se compra simplemente se gana”.

A Horacio Cupeiro preocúpalle que “nos diga que debéramos irnos para a casa, serán os veciños os que nos teñan que mandar para a casa, de momento foron eles os que enviaron antes, isto é política e xa nos iremos cando nos manden os veciños, pero que nos mande él á casa me parece unha falla de respecto cando estamos traballando con dignidade, duro e moi forte. Non fai falta descalificar a ninguén para dicirlle estas cousas, cada un descalifícase así mesmo”.

Exit mobile version