Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo organiza 17 obradoiros para mellorar a calidade de vida dos maiores

Nota de prensa:
O CONCELLO ORGANIZA 17 OBRADOIROS DE FEBREIRO A ABRIL PARA PREVIR A DEPENDENCIA DOS MAIORES. O OBXECTIVO, SEGUNDO EXPLICOU O ALCALDE, É MELLORAR A SÚA CALIDADE DE VIDA.

Ribadeo, 2 de febreiro de 2011. O Concello, a través das Delegacións de Igualdade e Servizos Sociais, organiza 17 obradoiros para previr a dependencia dos nosos maiores. O obxectivo é incentivar e promover unha mellora na súa calidade de vida. Os obradoiros terán lugar nas parroquias e na vila e desenvolveránse desde a vindeira semana e ata o mes de abril.

O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “previr a dependencia depende de manternos activos, de poder facer exercizo, de poder lembrar, de coidarnos e de poder coidar. Do que se trata é de ter autonomía e de ser felices”. O rexedor manifestou que “quixemos facer un programa moi ambicioso, que terá lugar nas vindeiras semanas e meses tanto na vila como nas diferentes parroquias no noso concello. Serán en total 8 obradoiros de benestar, 6 de memoria e 3 de coidados e persoas coidadoras”. Os interesados en participar poden solicitar máis información nos teléfonos 982 120 808 e 982 120 729.

Os obradoiros de benestar terán lugar en Cedofeita os días 10, 17 e 24 de febreiro; en Arante o 3, 10 e 17 de marzo; en Noceda os días 14, 21 e 28 de marzo; en Ove serán o 17, 24 e 31 de marzo; en As Anzas 14, 21 e 28 de marzo e 4 de abril; en Vilaselán serán os días 29 de marzo e 5 e 12 de abril; en Cubelas o 6, 13 e 27 de abril e en Piñeiro 31 de marzo, 7, 14 e 28 de abril.

Os obradoiros de memoria serán en Rinlo os días 7, 14, 21 e 28 de febreiro; en Vilaframil o 8, 15 e 22 de febreiro e o 1 de marzo; en Piñeira o 9, 16 e 23 de febreiro e o 2 de marzo; en Couxela o 17 e 24 de febreiro e o 3 e 10 de marzo; en Ribadeo os días 16, 23 e 30 de marzo e o 6 de abril e en Vilaosende 16, 23 e 30 de marzo e 6 de abril.

E os obradoiros de coidados e persoas coidadoras serán en Cinxe-A Devesa do 14 de febreiro ao 1 de marzo; en Vilela do 14 ao 29 de marzo e en Ribadeo do 30 de marzo ao 14 de abril.

O traballador social José Luis Gegunde dixo que “a lonxevidade depende, a parte das características de cada un e da xenética, do entorno. E desde o Servizos Sociais o que queremos é mellorar o entorno de todos os ribadenses con estes talleres”. Gegunde referíuse ao obradoiro de coidados e persoas coidadoras que “está dirixido específicamente a todas aquelas persoas que están coidando a dependentes e máis específicamente e todos aqueles que teñen tramitada a lei de dependencia ou que está a percibir algún tipo de prestación de dita lei, e que están obrigados a formarse”.

Exit mobile version