Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz segue recollendo instancias para 29 postos de traballo do Plan Lugo Emprega

Nota de prensa:
O Concello de Foz segue recollendo instancias para 29 postos de traballo do Plan Lugo Emprega, subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo, e que existe aínda aberta a demanda para todas aquelas persoas que desexen apuntarse aos postos de traballo de: 4 peóns limpeza viaria, 5 peóns emerxencia local, 4 oficiais 2ª albaneis, con coñecementos en pintura e escaiola, 1 encargado de emerxencia locall, 1 oficial 2ª albanel menor de 25 anos, 1 ordenanza, 3 peóns recollida lixo, 1 peón limpeza menor de 25 anos, 1 auxiliar administrativo sala exposicións, 5 peóns de xardinería, 1 peón de emerxencia local menor de 25 anos, 1 peón mantenemento aula natureza, 2 peóns xardiñería menores de 25 anos.

O prazo para presentar as solicitudes comenzou o día 20 de Xaneiro e remata o día 7 de Febreiro, é decir o próximo luns ás 14 horas, por iso recordamos que todos aqueles que queiran presentarse teñen ata ese día para facelo.

As solicitudes presentadas ata o momento elévanse á cifra de 500, si ben hai moitas persoas que se presentan para distintas prazas, o cal fai subir o número de solicitantes.

As datas de celebración das probas serán os días: 14, 15, 16, 17 e 18 de Febreiro do ano en curso, recomendamos a todos os solicitantes que se interesen pola celebración das probas e dos postos a cales se presenten, para elo estará exposta a relación no tablón de anuncios do Concello a partir do martes 8 de Febreiro, ao mesmo tempo se publicará na páxina web do Concello de Foz e se dará difusión na radio municipal.

Os tribunais que van a seleccionar a estas persoas estarán compostos por persoal técnico, administrativo e laboral do Concello de Foz, a clase política non participa nos tribunais que a tal efecto se formen, nin tampouco a clase sindical.

Así mesmo a Deputación Provincial nomeará a unha persoa pola súa parte e representando á mesma para formar parte do tribunal calificador.

O Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, manifesta que o máis importante polo que podemos traballar nestes momentos é o emprego, polo que debemos de seguir buscando fórmulas para a creación de máis postos de traballo, que en definitiva é o que leva a estabilidade ao seno familiar, o noso Concello é un bo expoñente da reivindicacións en tema de emprego, pois en solitario fixo un Plan de Emprego no ano 2010 que lle deu traballo a 30 persoas, e contribueu a animar á Deputación Provincial para que se fixera responsable do Plan de Emprego 2011, o cal é unha boa noticia para o mercado laboral, esperemos que a Xunta de Galicia se posicione claramente neste tema e busque fórmulas para que as listas de paro desminúan nun prazo corto de tempo, debido a que as transferencias das políticas de emprego activas, así como os montantes económicos, están transferidos polo Estado á Xunta de Galicia.

Exit mobile version