Nota de prensa
A PISTA MUNICIPAL DE CUÍÑA ACOLLE A PRIMEIRA LIGA DE PADEL LOCAL
• Na competición participan 17 parellas e os partidos prolongaranse ata o vindeiro mes de xuño
Cervo, 19 de febreiro de 2011.- Esta semana deu comezo a primeira liga de padel no concello de Cervo; así o informou hoxe o concelleiro de Deportes, Rubén Fernández.
Fernández dixo que hai dez días tivo lugar unha xuntanza na Casa da Cultura cunha ducia de practicantes deste deporte interesados nesta iniciativa e indicou que a idea xurdiu dos propios afeccionados “e nos colaboramos con eles na medida das nosas posibilidades” sinalou o edil de Deportes.
No arranque desta primeira edición da liga de padel “Concello de Cervo” participan 17 parellas mediante a modalidade de clasificación (“ranking”) nas categorías masculina e mixta. O “ranking” ven fixado segundo o nivel dos participantes e a competición esta dividida en voltas dun mes de duración.
Ao final de cada volta producirase o ascenso e descenso de grupo, segundo os puntos conseguidos. Os horarios de xogo son totalmente flexibles e as parellas poñeranse de acordo na data e hora para disputar os encontros.