Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela e o de Xove farán unha recepción a selección infantil de fútbol sala da Mariña

Nota de prensa

O vindeiro venres 11 de Febreiro a Selección Infantil de Fútbol Sala da Mariña vai ser recibida nos concellos de Xove e Burela, logo do seu éxito no Campionato Galego de Seleccións Comarcais, no que se proclamaron subcampións galegos.

A recepción no concello de Xove será ás 18:00 da tarde na casa consistorial onde o rexedor xovense, Demetrio Salgueiro, agasallará ós rapaces cun pequeno recordo do seu paso pola selección.

Logo de pasar por Xove, os rapaces serán recibidos na Casa do Concello de Burela ás 19:30 da tarde, por parte da Tenente de Alcalde e Concelleira de Deportes Neves Cando, que tamén agasallará ós infantiles cun pequeno recordo.

Exit mobile version