Nota de prensa:
NEVES CANDO ASEGURA QUE O CONCELLO DISPÓN DUNHA PRÓRROGA ATA O 31 DE MARZO PARA CONSTRUIR A PISTA DE PÁDEL. A TENENTE DE ALCALDE SINALA QUE PARA CHAPUZAS AS REALIZADAS POLO PP NA UNIDADE DE ACTUACIÓN DE TORRENTES.
Burela, 11 de febreiro de 2011. A tenente de alcalde, Neves Cando, desminte as acusacións realizadas nas últimas horas desde o PP sobre a pista de pádel. A edil nacionalista asegura que o Concello dispón dunha prórroga ata o 31 de marzo para facer as obras e lémbralles aos populares algunhas das súas chapuzas máis sonadas, a perda dunha subvención de 150.000 euros para a rúa Eijo Garay e todo o acontecido coa unidade de actuación de Torrentes.
Neves Cando dixo que “unha vez máis temos que desmentir públicamente as informacións que verque o PP de Burela sobre un asunto de presuntas irregularidades, neste caso fala da construcción da pista de pádel de A Marosa. É mentira o que di o PP de Burela, que non se entera de nada porque para a construcción desta pista de pádel temos concedida unha prórroga para podela executar ata o 31 de marzo deste ano”. A concelleira de Deportes e tenente de alcalde cre que “o que pasa é que o PP de Burela vive só preocupado por desprestixiar ao goberno local e mentir públicamente, como é este o caso porque pensan que así van gañar votos nas eleccións municipais. E mentras tanto nós traballamos polo ben deste pobo e por conseguir melloras para os nosos veciños, como é o caso este dunha nova instalación deportiva”.
A edil nacionalista subliñou que “nós facemos as cousas ben, incluso como neste caso cun procedemento aberto de contratación con convite a varias empresas cando, segundo a lei, pola contía da obra non tiñamos que facelo porque podía ser adxudicada directamente, pero nós abrimos o procedemento para dar máis oportunidades e transparencia. Cousa na que o PP non pode presumir porque para chapuzas o PP de Burela e só vou poñer dous exemplos da súa xestión anterior, os máis impactantes porque haber houbo máis. A perda de máis de 150.000 euros de subvención para o arranxo no ano 2006 da rúa Eijo Garay porque non se fixo a obra a tempo. E a maior metedura de pata do PP, a chapuza da tramitación de toda a documentación da unidade de actuación de Torrentes, que foi anulada por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por ser contraria a dereito”. Cando considera que “esa sí que foi toda unha chapuza, o decreto de decembro de 2006 polo que o señor González Barcia, daquela alcalde de Burela, aprobara definitivamente o proxecto de reparcelación de Torrentes é contrario a dereito. E esto obrigóunos a nós a parar as obras durante uns meses para poder restituir a legalidade a chapuza que fixo o PP, agora xa amañamos todo e temos a situación regularizada legalmente e as obras xa se puideron reanudar. Estas son as chapuzas do PP de Burela e o señor González Barcia non é quen para dicir nada porque para chapuzas él e a súa xestión. Neste caso da pista de pádel é mentira que as obras se fagan fora de prazo, posto que temos concedida unha prórroga e esto deberíao saber o PP de Burela”.