Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro de Turismo valora como moi positiva a presenza de Burela na Feira do Xantar de Ourense

Nota de prensa:
O CONCELLEIRO DE TURISMO VALORA COMO MOI POSITIVA A PRESENZA DE BURELA NA FEIRA XANTAR DE OURENSE.

Burela, 7 de febreiro de 2011. O concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi ,valora de xeito moi positivo a presenza de Burela en Xantar 2011.

O edil nacionalista destaca “a exitosa participación en Xantar 2011 do Concello de Burela onde o pasado sábado tivo lugar o día máis significativo para a nosa vila, xunto con Asturias e Lisboa”. González Legazpi tamén subliñou “a degustación do bonito de Burela, preparado polos profesionais do Centro de Hostalaría Villamarín, un acto no que participou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, xunto con autoridades doutros países e concellos, e unha degustación que tivo unha importante acollida de público e un resultado extraordinario na súa preparación, a xulgar polos presentes que saborearon o preciado príncipe azul”.

O concelleiro de Turismo tamén aludiu “á intensidade de visitas ao stand de Burela durante todo o certame, así como á importancia do acordo acadado co Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e ao intercambio de consideracións sobor da importancia da divulgación turística para os concellos, as necesidades de apoio cara a consecución das políticas positivas neste ámbito, así como sobre a celebración da festa do bonito en Burela no mes de agosto á que convidaron ás autoridades presentes e demáis participantes en Expourense”.

González Legazpi tamén destaca “a decisión da Delegación de Turismo de participar no I Concurso de Carteis das Festas Gastronómicas Galegas, que tivo lugar no mesmo recinto de Expourense e no que Burela estivo representada co cartel da Feira do Bonito 2010 aportado pola S.C. Ledicia, asociación á que agradecemos especialmente esta deferencia e que obtivo un interesante segundo premio”.

O responsable de Industria, Comercio e Turismo considera que “alí onde se atopa o xamón da dehesa de Extremadura, a repostería de Asturias ou mesmo as catas de viños franceses, por poñer uns exemplos, non pode faltar e debe de estar o bonito de Burela. Iso nos favorece cara á potenciación da nosa gastronomía e valoriza ao concello como destino turístico de forma importante dentro da nosa comarca e determina tamén a nosa presenza nos medios vencellados a este interesante Salón Galego da Gastronomía e do Turismo e por tanto afianza as nosas posibilidades de desenvolvemento”.

Legazpi engade que “seguiremos dende esta Delegación a desenvolver políticas cara á consecución dun escenario competitivo en materia turística convencidos de que, a pesares da situación actual de transformación económica, unha parte importante da sociedade seguirá a dedicar parte dos seus recursos ao sector turístico no ámbito da súa diversidade e por tanto o concello de Burela debe atoparse dentro dese escenario positivo para a potenciación do seu turismo gastronómico, cultural e histórico primordial para as economías dos municipios e relevante para Burela cara ao seu distinguido posicionamiento dentro da comarca de A Mariña”.

Exit mobile version