Nota de prensa:
CONCELLO DE CERVO COLABORA UN ANO MÁIS CO CLUB CICLISTA “MEDELA MTB” NA ORGANIZACIÓN DA SEGUNDA RUTA DE MOUNTAIN BIKE POLO MUNICIPIO
Cervo, 28 de febreiro de 2011.- O Concello de Cervo colaborará novamente co club ciclista “Medela MTB” de San Ciprián na organización da segunda edición da ruta cicloturista en bicicleta de montaña polo concello de Cervo que terá lugar o vindeiro sábado, 5 de marzo.
Para o concelleiro de deportes, Rubén Fernández, esta iniciativa posta en marcha por segunda vez polo club “Medela MTB” pon de manifesto o paulatino aumento de afeccionados no concello e na comarca á práctica desta actividade que combina o deporte co goce da natureza. “Por iso, o Concello de Cervo está moi contento de colaborar e de botar unha man aos organizadores en todo o que poidamos para que esta ruta de mountain bike sexa un éxito” sinalou Fernández.
A proba dará comezo ás 9.00 horas nas inmediacións da piscina municipal de Lieiro e percorrerá unha distancia de 39 quilómetros de dificultade media.
Nota: Axuntamos fotografía da presentación da actividade e imaxe do cartel anunciador cos detalles da proba.