Site icon Crónica3.com A Mariña

208 ciclistas participaron na VI Marcha en BBT que organizou o club ciclista Burela

Nota de prensa:

O pasado domingo dia 6 de febreiro o Club Ciclista Burela organizou a VI Marcha en BTT de Burela, na mesma participaron 208 ciclistas chegados de moi distintos lugares de Galicia, Asturias e León.

A saída fíxose as 9:30 horas como estaba previsto e a proba transcorreu sen incidencias salientables, algunha caida sen importancia e as avarías de costume neste tipo de probas.

O remate e despois de lavar as bicis e darse unha ducha, tódolos ciclistas e acompañantes así como os membros do Club organizador disfrutamos dun xantar no mesmo pavillón dende onde se dera a saída.

A organización está moi satisfeita de como se desenvolveu todo, o número de participantes foi en aumento con relación o ano pasado cando se dobrara o número de participantes do ano2009, o que anima a seguir traballando de cara a VII que se fará se non hai novidade o vindeiro 2012.

Queremos dar as gracias a tódolos participantes por vir a esta Marcha e polo comportamento de respecto a natureza non tirando lixo nos camiños.

Agradecer moi especialmente os colaboradores: Concello de Burela, Protección Civil, Policía Local e as empresas colaboradoras como son Burelarte e Otelec.

Exit mobile version