Nota de prensa:
O CD BURELA FS ORGANIZARÁ A VIII COPA DE ESPAÑA FEMININA DE FÚTBOL SALA
O CD Burela FS terá a honra de organizar a VIII Copa de España Feminina de Fútbol Sala ao finalizar a liga da tempada 2010-11. Así lle foi comunicado esta mesma mañá á entidade laranxa pola Real Federación Española de Fútbol, que se decidiu pola proposta mariñá “unha vez estudadas as solicitudes recibidas”.
No ano en que o club cumpre o seu décimo aniversario, Vista Alegre acollerá por primeira vez un campionato nacional tras converterse na sede doutros eventos de referencia no panorama futbolístico como a XVII Copa Galicia en 2006 ou os amigables da Selección Española ante Romanía e Uruguai, en 2007 e 2008.
Nos vindeiros días iranse concretando os pormenores da gran cita futbolística que reunirá na vila burelá sete dos mellores equipos da División de Honra, xunto ao anfitrión laranxa.