Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS celebrará o Entroido Laranxa o sábado 26

Nota de prensa

O ENTROIDO LARANXA VOLVERÁ A VISTA ALEGRE O SÁBADO 26

O CD Burela FS celebrará o Entroido Laranxa o 26 de febreiro (18.30 horas), en Vista Alegre, coa vixésimo sétima xornada de Prata, ante o Extremadura-Cáceres 2016.

A entrada será gratuíta para todos os seareiros/as que acudan disfrazados. Os mellores entroidos recibirán atractivos premios, cedidos pola Parrillada de Jandro, Living Sport e o club, nas categorías de grupos, parellas e individual; nesta última tan só concursarán os menores de 16 anos.

A Pataca Naranxa. A peña burelista tamén reunirá os seus socios e socias nun suculento xantar carnavaleiro na Parrillada de Jandro o sábado 26, a partir das 15.00 horas. Todas as persoas interesadas poderán retirar os tickets (15 euros) ata o mércores 23 na cafetería Vista Alegre, na cervexería O Trisquel e na Parrillada de Jandro ou facer a reserva a través do número 607 74 87 86.

PREMIO DE GRUPO

Cocido na Parrillada de Jandro para 10 comensais

PREMIO DE PARELLA

Abono Dúo Burela FS para a tempada 2011-12

PREMIO INDIVIDUAL INFANTIL

Equipamento completo do Burela FS, doado por Living Sport

Exit mobile version