O C. B. Xove gáñalle o derbi provincial ao Sarria
Xove (M.F.O) .- O C. B. Xove recibiu esta fin de semana ao C. B. Sarria coa intención de darlle caza na táboa clasificatoria. O igualado marcador final de 65 puntos a 60 non reflicte o sucedido na pista pois os de Sarria en ningún momento deron sensación de poder levarse o partido
No primeiro cuarto do encontro xa comezaron as primeiras vantaxes locais debido en gran medida a intensidade defensiva. Nos segundos dez minutos o rebote ofensivo dos de Sarria meteunos no partido e chegouse ao descanso cun 37 a 30. Tras o descanso os xovenses seguiron dominando ata acadar unha vantaxe de 18 puntos. Nos últimos minutos os locais intentaron xestionar a renda polo que o Sarria puido maquillar o resultado final.
Con esta nova vitoria os de Pablo Castro confirman o seu bo momento con tres partidos gañados dos últimos catro e ascenden na clasificación ata a novena praza. Para a vindeira xornada viaxaran a Santiago para enfrontarse ao Rosalía de Castro colista da liga. Polo C. B. Xove xogaron: Fernando(7), Juan María (17), Adrián (14), Álvaro (8), Víctor (8), Javi (2), Alberto(2), Pablo Santiago (7), Brais e Cristian.