Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FSF acadou en Ourense un empate que sabe a vitoria


Nota de prensa

Un empate laranxa que sabe a vitoria ante o Ourense

O Burela FSF Pescados Rubén non só tratou de ti a ti o Ponte Ourense, segundo clasificado, na súa propia pista, senón que regresou cun punto da cidade das Burgas, 1-1, encadeando a súa décima xornada sen perder na División de Honra.

O inicio do choque estivo marcado pola lesión da grande estrela local, Ampi, que tivo que retirarse nos minutos iniciais e xa non volveu. A ausencia da xogadora facilitou o traballo defensivo do Burela FSF, que resultou exemplar, obstaculizando a saída do balón local. O conxunto de Pardeiro non esqueceu a portería contraria e aproveitou unha xogada de estratexia para pórse por diante, cun lanzamento cruzado de Lucía.

O Ponte conseguiu igualar antes do descanso tras unha boa acción de combinación entre Souza e Sarita, culminada por Ana.
Durante a segunda metade, mantívose a igualada no marcador.

O equipo laranxa volve así cun punto valiosísimo de Ourense, que lle permite encarar con optimismo os próximos compromisos.

Exit mobile version