Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS reforzase con dous xogadores brasileiros procedentes do fútbol sala romanés

Nota de prensa

OS BRASILEIROS CLEBINHO E IQUE, REFORZOS PARA O CADRO BURELAO

Despois de intensas xestións no Brasil e en España e de superar obstáculos de todo tipo, o cadro burelao recibiu esta semana os reforzos dos brasileiros Cleber Rafael Barbosa (São Paulo, 1983) e Carlos Henrique Ribeiro (São Paulo, 1985), procedentes do fútbol sala romanés. Clebinho e Ique estiveron acompañados na súa presentación oficial polo presidente da entidade, José Ramón González Casas, e o director xeral, José Luis Sáez Castro.

Clebinho, na posición de peche, e Ique, como pivote, xa coincidiron no vestiario do Concordia Chiajna Bucarest en 2009-10, ademais de compartir unha ampla traxectoria no fútbol sala canarinho. Barbosa xogou no Corinthians, São Jose, Aracariguama, Pirapora e Palmeiras, ademais de destacar no combinado internacional en categorías de base. No palmarés de Ribeiro salientan as vitorias no TV Alterosa e a Copa EPTV co Caldense (2004); tamén se alzou coa Copa e a Supercopa de Romanía co MGA-Bucarest (2005).

José Luis Sáez destacou a incorporación de Clebinho e Ique como “reforzos necesarios para continuar coa liña evolutiva do Burela FS, minguado polas lesións nos últimos meses”. “Ambos os dous chegan ao noso club con excelentes referencias de internacionais brasileiros e españois e poderán alixeirar o exceso de minutos e a carga física do resto do cadro”, concluíu o director xeral burelista.

Exit mobile version