Nota de prensa
O BNG DE VIVEIRO PRESENTA EN VIVEIRO A SÚA CANDIDATURA LOCAL AO COMPLETO
O vindeiro sábado 5 de febreiro o Consello Local do Bloque Nacionalista Galego organiza un acto público no que os nacionalistas van presentar as 17 persoas que fan parte da candidatura ás eleccións locais do vindeiro mes de maio.
No acto , que dará comezo ás oito da tarde e que se desenvolverá no salón do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro participarán, ademais da persoa que encabeza a candidatura nacionalista, Francisco Rodríguez Sánchez, membro da Executiva nacional do BNG, Antonio Veiga Outeiro, deputado e responsábel comarcal e Xosé A. Goás Basanta, actual concelleiro-portavoz e responsábel local da organización nacionalista en Viveiro.
A candidatura que se presentará este sábado foi aprobada pola Asemblea Local o pasado mes de xaneiro.
Con posterioridade a este acto os nacionalistas participarán nunha cea que dará comezo ás dez da noite nun restaurante da localidade.