Nota de prensa
O BNG de Foz denuncia actos vandálicos contra o mobiliario urbano nas inmediacións da Praia da Rapadoira
Basanta afirma que “o goberno municipal non se toma en serio o vandalismo de fin de semana e segue sen tomar medidas para paralo”
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
Todas estas accións contra os bens municipais prodúcense sempre nas noites do fin de semana e xa se está convertendo en algo habitual cerca da zona de ocio de Foz. O BNG, por este motivo, xa lle ten advertido en numerosas ocasións ao Goberno Municipal que hai que tomar medidas serias para parar estes actos e erradicalos de raíz, pero parece ser que para ao alcalde e o goberno municipal isto non é unha preocupación pois o vandalismo en Foz non só vai a menos senón que cada vez vai a máis.
O BNG si está preocupado por estes actos que non respectan o mobiliario público e que supoñen un gasto que temos que pagar todos os veciños e veciñas de Foz ademais de dar unha imaxe penosa do noso pobo. Por iso, e aínda que os culpables dos actos son responsables últimos destas desfeitas, instamos ao Goberno Municipal do Concello que asuman as súas responsabilidades en materia de seguridade e protección dos bens públicos e tomen as medidas necesarias para parar definitivamente estas actuacións.