Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo interesase polo estudo comprometido por Portos de Galicia para un porto deportivo para finais do ano

Nota de prensa

O BNG PREGUNTA AO GOBERNO LOCAL POLO PROXECTO PARA UN PORTO DEPORTIVO EN SAN CIBRAO ANUNCIADO POR ALVAREZ CAMPANA

O presidente de Portos de Galiza comprometeu a presentación dun estudo para un porto deportivo para finais do ano pasado

Os nacionalistas pregúntanse si co porto deportivo vai pasar o mesmo que coa goleta

Cervo, 8 de febreiro de 2011. O BNG preguntará ao goberno municipal polo proxecto para un porto deportivo en San Cibrao que o presidente de Portos de Galiza, Álvarez Campana, comprometeu en dúas visitas realizadas ao concello de Cervo o 24 de abril e o 26 de setembro diante dun numeroso grupo de persoas que asistimos á inauguración do Club Náutico de San Cibrao. Os nacionalistas queren saber que sucede cos compromisos de Campana e o seu altofalante local, José Manuel Balseiro, experto en comprometer grandes proxectos que acaban sendo pasto da trituradora, non se sabe si polo exceso de verborrea ou pola caída en desgraza do Tte de alcalde cervense.

Co porto deportivo pasará o mesmo que coa famosa goleta?

Os nacionalistas cervenses anunciaron a presentación dunha batería de preguntas ao goberno local para saber cal e o motivo polo que Portos de Galiza faltou ao compromiso de ter presentado antes do final de 2010 o estudo para un porto deportivo en San Cibrao. Segundo indicou o portavoz municipal, Xoán Antón Estúa, “o Sr. Campana anunciou no pasado mes de setembro diante de numeroso público este estudo para finais de 2010 pero á vista do fracaso da goleta, cos anuncios deste Sr. podemos agardar calquera cousa”. Estúa lembrou que o Tte. de Alcalde e parlamentar autonómico, José Manuel Balseiro, está tan comprometido como o Sr. Campana, aínda que vendo o sucedido coa Goleta da que Balseiro era o gran valedor, “pódese pensar que todo acabe na trituradora por haber outras prioridades”.

Para vender fume a Balseiro non lle fai falla o coche oficial

Os nacionalistas critican o proceder de José Manuel Balseiro, Tte de Alcalde e Secretario do Parlamento, que dispón de coche oficial e chofer pero non goberna, “mais ben dedícase a vender fume que os que realmente gobernan acaban tirando ao lixo”, “pasou co cinto industrial de ALCOA, pasou coa goleta e pasará co porto deportivo sancibrense”, afirmou Estúa que acusou a Balseiro de “exceso de verborrea e falta de apoios no goberno de Feijoo”. O nacionalista deixou caer que “o goberno amigo de Feijoo xa non cumpre con Cervo e da a sensación que tampouco con Balseiro”.

Exit mobile version