REUNIÓN DO ALCALDE COA ASOCIACIÓN DE MADEIREIROS DE LUGO
Hoxe xoves 24 de febreiro, ás 11:00 horas na Sala de Xuntas do Alcalde, Demetrio Salgueiro acompañado pola Concelleira de Agricultura, Gandeiría e Montes Dolores Meitín, mantivo unha nova reunión coa Asociación de Madeireiros de Lugo.
O obxectivo desta reunión é seguir afondando nunha doble problemática: por un lado, a cuestión do estado no que quedan os viais municipais despois de ser sacada a madeira dos montes, xa que os viais sufren un deterioro por este uso; a outra cuestión afecta a ubicación da madeira dos montes, ousexa, ao acopio que os maderistas fan de madeira, en moitas ocasións na beirarúa das pistas.
Na reunión acordouse por parte do Concello manter unha reunión con todos os produtores de madeira que actúan no termo municipal de Xove co fin de seguir afondando na problemática e para tratar de darlle unha solución.