Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo preocupado polo comprometido en Rinlo recorda que o anfitrión foi a Xunta

Nota de prensa

FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE O ANFITRIÓN DO ACTO CELEBRADO EN RINLO ERA A XUNTA E COMO TAL TIÑA QUE ACTUAR. AO REXEDOR O QUE MÁIS LLE PREOCUPA É QUE SE CONCRETE O PROMETIDO.

Ribadeo, 16 de febreiro de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que o anfitrión do acto celebrado o pasado sábado en Rinlo era a Xunta e como tal tiña que actuar.

O rexedor di que non quere polemizar e que non ten problemas en convidar a calquera, pero aclara que “o alcalde foi convidado a ese acto, que se desenvolveu no porto de Rinlo do que é titular a Xunta. Eu son moi respectuoso coa Xunta, incluso cando non cumpren coas promesas realizadas, como ocorreu coa Torre dos Moreno”.

Suárez Barcia considera que “do que se trata, máis que de sair ou non sair na foto, é que a Xunta concrete canto antes o comprometido en Rinlo e que non se quede nun mero anuncio preelectoral”.

Exit mobile version