Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo agarda que a ponte de Arante estea rematada en xuño

Nota de prensa

FERNANDO SUÁREZ AGARDA QUE A NOVA PONTE DE ARANTE ESTEA LISTA EN XUÑO. O REXEDOR AMÓSASE SATISFEITO POLO INICIO HOXE DESES TRABALLOS, PERO DI QUE XA ÍA SENDO HORA DESPOIS DE TANTOS MESES DE ESPERA.

Ribadeo, 23 de febreiro de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que a nova ponte de Arante estea lista en xuño. O rexedor amósase satisfeito polo inicio hoxe deses traballos, pero di que xa ía sendo hora despois de tantos meses de espera.

Suárez Barcia dixo que “por fin e xa non sei se dicir aquelo de nunca es tarde si la dicha es buena ou mellor xa ía sendo hora. Despois de tantos meses de discusión entre a Deputación de Lugo e a Xunta por fin hoxe dan comezo as obras de construcción da nova ponte en Arante, despois de que en xuño de 2010 unha riada impresionante destrozara esta ponte, despois de ver como durante varios meses os veciños das parroquias afectadas e desde Ribadeo tamén asistimos con certa incredulidade ás discusións entre a Xunta e a Deputación para ver quen quería poñer unha guinda máis ou quen lle tiña que botar a culpa ao outro, agora despois de todo aquelo ábrese un prazo de execución de seis meses e comeza a construcción da nova ponte de Arante por parte da Deputación”.

Ao alcalde gustaríalle “como rexedor de Ribadeo e no nome de todos os veciños que este prazo se acortara e coas medidas de seguridade tidas en conta, e que polo menos cando se cumpra o cavodano da riada a ponte xa estivese operativa, gustaríanos que estivese lista en xuño ou para as Cruces, que son nesas datas”.

Fernando Suárez considera que “despois de todo o que ten pasado debemos aprender leccións os representantes públicos e ver que á xente non lle gusta que as diferentes entidades, a Xunta e a Deputación, estean discutindo cando estamos xogando con instrumentos que dan moito servizo a moita xente como son as vías de comunicación, e andemos tentando ver quen queda mellor si un grupo ou outro. O que é importante é que as cousas se amañen canto antes e a verdade é que ao final deste proceso houbo boa sintonía e resolvéronse moi rápido moitas cousas que levaban moitos meses sen poder seren amañadas”.

O rexedor subliñou que “a consecuencia de todo iso os Concellos acabámolas pagando, refírome ao estado no que están as pistas de Vilamariz en Arante, están moi estropeadas polo paso intenso e desmedido de moitísimo transporte pesado, de camións de madeira, de maquinaria agrícola, do transporte escolar… estiveron indo durante todos estes meses e durante máis máis tempo terán que pasar por alí e esas vías quedarán estropeadas porque non estaban preparadas para asumir todo ese tráfico e logo o Concello acaba pagando o pato porque terá que arranxar todos ises desperfectos”.

Para Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, “o importante é que as obras da ponte de Arante dean comezo, agardemos que non haxa problemas e que os veciños e o tráfico poidan transitar en poucos meses por este enclave tan fermoso”.

Exit mobile version