Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz recoñece que a Lei de Dependencia está sendo de moita utilidade para os veciños

Nota de prensa:

O Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, recoñece que a Lei de Dependencia posta en marcha polo goberno do estado e desarrollada pola Xunta de Galicia, está sendo de gran utilidade para os veciños e veciñas do municipio de Foz, na actualidade estase a atender 31 casos, donde na maioría dos mesmos son persoas con distintos problemas e que todos eles necesitan dun coidador ao carón permanentemente, as atencións veñen dadas por labores no coidado persoal do paciente, o mantemento da hixiene, especial atención a encamados/incontinentes, apoio e axuda á movilización dentro do fogar, acompañamento fora do fogar para facer xestións (visitas médidas, tramitación de documentación, acompañamentos por requerimentos de organismo oficiais e outros análogos), axuda para a inxestión de alimentos, axuda para a toma de medicación (prescrita por facultativo), compañía, animación e actividades que faigan da persoa a atender que estea tranquila, alegre e segura, tamén destacaríamos a axuda que se presta en alimentación, compra diaria, preparar e cociñar alimentos, lavar e repasar a roupa, limpeza e mantemento da vivenda e da moblaxe, e porque non dicilo pequenas reparacións que non fai falla que veña un especialista para realizalas, en definitiva os coidados están para apoio na administración do fogar en todo tipo de tarefas relacionadas coa descripción que fixemos anteriormente.

Dende xullo a decembro de 2010 realizáronse no Concello de Foz un cómputo de 8459,41 horas totais, cun custo de 97.655,43 €, dos cales os usuarios pagaron a cantidade de 8.748,44 €, o restante corre a cargo da administración. Todos estes traballos que presta a empresa contratada para este menester son supervisados polos Servizos Sociais do Concello de Foz, así mesmo existen uns servizos complementarios contratados por dita empresa que son dirixidos á programas de transporte adaptado, nos cales estase traballando según directrices do Asistente Social.

O Alcalde do Concello de Foz manifesta que unha das mellos políticas que se poden facer nesta vida é a atención aos nosos maiores e a todos os dependentes que o necesiten, e ao mesmo tempo animo a todas as persoas que teñan algunha dúbida sobre o servizo que acudan a Servizos Sociais do Concello de Foz ou á propia Alcaldía para disipar as súas dúbidas.

Asistencia a Domicilio que o Concello de Foz da a súa poboación. A parte da Lei de Dependecia, o Concello de Foz ten creado un servizo de asistencia a domicilio donde traballan 3 empregadas que están a atender 36 casas en horarios diversos e por horas, e donde están a facer labores de todo tipo con persoas que necesitan deste servizo para a súa saúde.

Exit mobile version