Nota de prensa
Nota de prensa Alcaldía 05-02-2011
O Alcalde de Foz, José María García Rivera, amósase moi satisfeito da nova vía a renovar, e que nestes momentos se están executando as obras como é dende a parroquia de San Martiño – Oirán – Areas, estas últimas, parroquias de Mondoñedo. E como non podía ser doutro xeito, pasando pola Hermida, barrio da parroquia focense de San Martiño.
O Alcalde que visitou as obras, manifesta que era unha vella asinatura pendente e novamente o Presidente da Deputación Provincial cumpriu o seu compromiso.
As obras que se realizan son limpeza de cunetas, compactación do firme e capa de aglomerado en quente. O orzamento da obra é de un millón cento cincuenta e seis mil oitocentos cincuenta e nove euros (1.156.839 euros).
As obras estímanse que rematen en mes e medio e a empresa encargada do traballo é Isidro Otero.
O Alcalde de Foz manifesta que a súa meta está cumprida na fase marcada para o Medio Rural do municipio de Foz. Sempre dixo que non pararía ata conseguir un Medio Rural en condicións para os veciños e veciñas que viven neste medio. Para isto traballouse estes anos, en que a Auga Municipal chegara ao cen por cen dos habitantes no medio rural, e estamos a punto de conseguilo, coa inauguración, proximamente, das obras que está a punto de finalizar no Barrio da Hermida, parroquia de San Martiño. Temos colocado as redes xerais do saneamento no 90%, melloramos as comunicacións para que se tiveran as pistas en condicións, colocamos electrificacións novas, aumentouse o alumeado público e mellorouse o existente, e melloráronse as comunicacións telefónicas, así como a sinal da televisión. A maiores tamén se arranxaron os centros socias e, onde non había, construíronse novos (Santa Cilla e Nois).Todos estes centros con conexión a Internet.
Rivera, manifesta a súa satisfacción polo conseguido, pero anuncia que seguiremos traballando e imos po la segunda fase cun ambicioso plan para o Medio Rural. Traballaremos de arreo para darlle vida a estas zonas encantadoras do noso municipio. Remata dicindo que para el os cidadáns son iguais vivan onde vivan, e a todos debemos darlle as mesmas prestacións.