Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela estuda vender a enerxía excedente dos paneis solares das instalacións deportivas

Nota de prensa

O CONCELLO ESTUDIA VENDER A ENERXÍA EXCEDENTE QUE XENERAN OS PANEIS FOTOVOLTAICOS DO CAMPO DE FÚTBOL E DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL. ALFREDO LLANO DI QUE A INTENCIÓN É OBTER UN RENDIMENTO ECONÓMICO PARA AS ARCAS MUNICIPAIS.

Burela, 23 de febreiro de 2011. O Concello de Burela estudia vender a enerxía excedente que xeneran os paneis fotovoltaicos instalados no campo de fútbol e no polideportivo municipal para obter rendimento económico. O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “estamos analizando esta posibilidade, despois de ver que esas placas xeneran un excedente de enerxía que poderíamos facer chegar á liña xeral da empresa distribuidora”.

O rexedor sinalou que “gracias a eses 20 paneis estamos conseguindo un aforro importante de enerxía eléctrica e do gasto que eso lles supoñía ao Concello nesas dúas instalaciones. As placas fotovoltaicas colocáronse con cargo ao Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local do goberno estatal. E como dicía, estamos vendo que se produce un excedente, que queremos canalizar para obter un rendimento económico para as arcas municipais que podería situarse entre os 18 e os 20.000 euros”. O alcalde dixo que “falaremos coas comercializadoras que operan pola zona, pero iniciaremos eses contactos con E-ON, que é a empresa co que estamos a traballar aquí” e engadiu que “hai un decreto onde está estipulado e regulado todo isto e onde se marcan os prezos, entre outas cousas. Agora mesmo temos unha potencia de 10 kilowatios/hora”.

Exit mobile version