Nota de prensa:
ALFREDO LLANO TILDA DE IRRESPONSABILIDADE AS ÚLTIMAS ACUSACIÓNS REALIZADAS POLO PORTAVOZ POPULAR SOBRE A PONTE DO PERDOURO E SOBRE O CORREDOR BARREIROS-SAN CIBRAO. LLANO ACUSA A BARCIA DE PRACTICAR UNHA POLÍTICA RASTREIRA E POUCO SERIA.
Burela, 25 de febreiro de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, tilda de irresponsabilidade as últimas acusacións realizadas polo portavoz do PP sobre a ponte do Perdouro e sobre o corredor Barreiros-San Cibrao. Llano acusa a González Barcia de practicar unha política rastreira e pouco seria e engade que nunca fixo nin vai facer política folcklórica. O alcalde subliña que está a traballar por Burela e polos seus veciños.
O rexedor pensa que “últimamente o señor Barcia está algo desbocado nas manifestacións que ven realizando. Xa lle advertín o primeiro día que estiven no Concello que eu non fago política folcklórica. O único que están a conseguir é facer pouca seria a política, unha actividade que pode ser moi boa, pero as cualidades pódense mermar si se empezan a empregar certos términos ou a mentir con tal de minar ao que temos enfrente. É unha política rastreira, pouco eficaz e pouco seria”.
Llano referíuse ás declaracións realizadas días atrás polo portavoz do PP sobre a ponte do Perdouro, “comentou unhas cousas coma si fose un técnico, dicindo que non foran as augas as que romperan dita infraestructura, senón que foi debido á súa calidade estructural. Ese día houbo un desbordamento absoluto do río dos Matos, que produciu unha serie de danos impresionantes e a auga chegou a unha altura nada normal nesa ponte, de tal forma que a foi deteriorando, perdéuse a canalización e ocasionou que houbese perigo de derrubamento. Todo foi provocado pola riada, non se pode dicir o que comentou o señor Barcia, ao igual que foi provocada pola riada a preocupación enorme que tiveron en Feve, dado que se estaban a inundar as vías, a piques estivo de producirse un dano espectacular ou incluso o descarrilamento do propio tren”.
O alcalde de Burela considera que “o único que queren é desvirtuar e sacar calquera cousa con tal de fastidiar ao que temos enfrente. Dicir que o ocorrido na ponte do Perdouro non foi ocasionado pola riada é unha opinión tremendamente irresponsable. Hai que lembrar que desde a Xunta se ofreceron naquel momento a arreglar a ponte e a limpar o caudal do río dos Matos, aínda que despois non o fixeron, pero o primeiro compromiso de arreglar a ponte foi da Xunta porque os seus técnicos viron claramente que foi a auga a que provocou esa desfeita”.
Alfredo Llano tamén considera unha irresponsabilidade as declaracións efectuadas polo portavoz do PP sobre o corredor Barreiros-San Cibrao, “dicindo que nós nos incorporamos no Plan Xeral de Ordenación Municipal o trazado de Fomento. Nós temos solicitado un trazado do corredor Barreiros-San Cibrao, que consensuamos cos grupos políticos, cos veciños, cos técnicos de tal xeito que queremos que pase o máis alonxado posible para que non nos dañe máis do estamos. Todos sabemos que estamos afectados por Feve, polo mar, pola variante e sería moi malo para nós estar tamén afectados por este corredor”.
O alcalde de Burela dixo que o informe desfavorable emitido por Estradas “veu así porque Fomento aínda non ten claro por onde vai pasar o corredor. Que non houbo transparencia nesa información é mentira porque ese trazado marcado por nós desde A Puída a Burela foi consensuado por todos os grupos políticos xunto cos veciños e cos técnicos de Otea e do Concello. Esa solución foi así consensuada coa única intención de que se vise que queremos desarrollar a zona da Puída. Nós non quixemos marcar unha solución de acordo con Fomento, eso non é certo. Estamos agardando a que Fomento resolva as nosas alegacións e que diga claramente por onde vai pasar ese corredor e nós, unha vez consensuado marcarémolo no plano, pero o que non pode ser é que diga que houbo ocultación”.
Llano advirte que “a partires de agora hai que ter cuidado coas manifestacións que fai este señor porque o único que pretende é minar a calquera prezo todo o que estamos a facer con toda responsabilidade desde o Concello. A miña intención é única e clara, traballar o máximo posible por Burela e polos veciños de Burela, fareino ben ou fareino mal, pero non vou estar sacando cuestións que non son verdade con tal de minar ao que temos enfrente. Eso paréceme unha irresponsabilidade absoluta”.