Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela considera un día importante o do comezo das obras da nova Capitanía Marítima

Nota de prensa
ALFREDO LLANO ASEGURA QUE HOXE É UN DÍA IMPORTANTE PARA BURELA XA QUE DAN COMEZO AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DA NOVA CAPITANÍA MARÍTIMA. O MINISTRO DE FOMENTO SERÁ O ENCARGADO DE COLOCAR A PRIMEIRA PEDRA.

Burela, 4 de febreiro de 2011. O alcalde, Alfredo Llano, asegura que hoxe é un día importante para Burela xa que dan comezo as obras de construcción da nova capitanía marítima. O ministro de Fomento, José Blanco, será o encargado de colocar a primeira pedra.

Llano sinalou que “hoxe recibiremos oficialmente a José Blanco para inaugurar dous tramos da autovía do Cantábrico e para colocar, que é o que anó nos importa, a primeira pedra do novo edificio da Capitanía Marítima, que se vai realizar durante un ano. Trátase dunha obra singular e moi importante para o noso concello e moi representativa e dalle importancia ao noso pobo. Despois da colocación desa primeira pedra farase un acto no salón de plenos do Concello de Burela, onde se explicarán as características da obra. Cando remate este acto, dependendo un pouco do tempo que teñamos, a miña intención é visitar varios puntos en Burela, como as instalacións portuarias, a cofraría, ABSA… todo antes do acto político de presentación do candidato do PSOE ás vindeiras eleccións municipais, que son eu”. O rexedor dixo que “hoxe é un día importante para Burela, xa que ademáis do ministro tamén estará o presidente da Deputación e Manuel “Pachi” Vázquez.

Por outra banda, o alcalde de Burela contou que “temos aquí na praza do Concello o barco Muralla de Lugo da Deputación, un aula turístico ambiental que explica os recursos cos que conta a nosa provincia. Penso que é moi interesante para todas aquelas persoas que se queiran achegar ata aquí para facerlle unha visita. Estará hoxe, mañá e domingo e convido a todos os veciños a que pasen por aquí porque sempre se pode sacar algo en positivo”.

Exit mobile version