Nota de prensa:
Neves Cando liderará a candidatura do BNG para gobernar Burela
Neves Cando López tenente alcalde de Burela foi elixida por unanimidade candidata á alcaldía de Burela pola Asemblea Local do BNG
Liderará unha candidatura de futuro para gobernar o concello de Burela e para que as e os veciños sexan parte activa e comprometida á hora de decidir o futuro do noso pobo.
O BNG valora moi positivamente o traballo realizado en Burela polos representantes nacionalistas nos últimos anos, que provocaron un cambio moi positivo e importante nas súas áreas de goberno.
O BNG presenta unha candidata cunha dilatada traxectoria ao servizo dos cidadáns de Burela e unha demostrada solvencia e capacidade para garnatir un goberno municipal competente e ao servizo de todos os bureleses.
O noso obxectivo é dar continuidade e impulsar este traballo de compromiso con Burela, con servizos públicos fortes que atendan as necesidades sociais e cun desenvolvemento económico sólido.
As melloras en servizos, benestar social, promoción económica e infraestructuras con que contamos hoxe non podería entenderse sen a acción de goberno dos concelleiros do BNG nestes últimos catro anos. Unha afirmación que consideramos que é plenamente recoñecida pola veciñanza de Burela que avalía dun xeito moi positivo, a acción de goberno do nacionalismo.
O noso obxectivo prioritario para os vindeiros catro anos será continuar avanzando e abordar dende a política local unha alternativa á crise económica que padecemos e que ao concello lle inflúe moi directamente. Estamos seguros de que canta máis forza teña o BNG, máis posibilidades teremos de continuar a construír a Burela do futuro.