Site icon Crónica3.com A Mariña

Modesto Díaz García elixido por unanimidade candidato do PSOE á alcaldía de Mondoñedo

Nota de prensa:
MODESTO DIAZ GARCIA É ELEXIDO POR UNANIMIDADE CANDIDATO DO PSdeG-PSOE Á ALCALDIA DE MONDOÑEDO

-O candidato socialista asegura que asume esta nova andaina “con moita ¡ilusión, pero sobre todo con moitas de ganas de traballar por Mondoñedo e polos mindonienses”

-Explicou que realizarán un programa electoral “que sexa capaz de ilusionar e para que Mondoñedo emerxa como un referente do seu contorno comarcal”

-O numero dous da lista do PSdeG mindoniense ocuparao a actual concelleira de Medio Ambiente, Magdalena Domenech Gruñeiro

-Sinala que os socialistas mindonienses están abertos a tódalas suxestións e propostas de tódolos colectivos da cidade

Mondoñedo, 2 de febreiro de 2011. A agrupación socialista de Mondoñedo anuncia que Modesto Díaz García é o cabeza lista do PSdeG-PSOE para concorrer á alcaldía. O candidato foi referendado po “unanimidade” por toda a agrupación local, na xuntanza celebrada o pasado sábado 29 de febreiro. O numero dous da lista ocuparao a actual concelleira de Medio Ambiente, Magdalena Domenech Gruñeiro.

Modesto Díaz García asegura que asume esta nova andaina “con moita ¡ilusión, pero sobre todo con moitas de ganas de traballar por Mondoñedo e polos mindonienses”. O candidato socialista explicou que realizarán un programa electoral “que sexa capaz de ilusionar para que Mondoñedo emerxa como un referente do seu contorno comarcal”, e tamén que sexa capaz “de ilusionar e dar resposta a maioría dos intereses dos nosos veciños e veciñas”, subliñou.

Anuncian tamén que nos vindeiros días fará publica a lista completa da agrupación socialista que contará con 5 novas incorporacións. Por ultimo sinala que os socialistas mindonienses están abertos a tódalas suxestións e propostas de tódolos colectivos da cidade.

CV DE MODESTO DIAZ

Modesto Díaz García naceu no ano 1956 na parroquia mindoniense dos Remedios, no Formigueiro. Está casado e ten una filla. Traballa dende fai mais de 30 años como funcionario no Instituto San Rosendo de Mondoñedo.

Durante o goberno municipal de Javier Loira xa foi Concelleiro da Delegación de Servicios. Actualmente é o tenente de Alcalde da cidade mindoniense e xestiona a Area de Servicios, e tamén é o Secretario Xeral da agrupación local.

Exit mobile version