Nota de prensa:
JUAN CARLOS MODIA DEIXA O SEU CARGO COMO XERENTE DO CD BURELA FS
O ata agora xerente da entidade laranxa, Juan Carlos Modia, causa baixa voluntaria no club debido a motivos persoais.
Modia estivo vinculado ao Burela FS dende o seu nacemento, en 2001, como membro da xunta directiva fundadora. En 2005 as súas responsabilidades trasladáronse á área administrativa, como o primeiro e único xerente do CD Burela FS ata a actualidade. Logo do seu labor como administrador, Juan Carlos continuará plenamente ligado á entidade “pois é unha persoa que atesoura unha grande experiencia e xa demostrou a súa entrega a este club en numerosas ocasións”, tal e como afirmou o presidente, José Ramón González Casas. “Eu mesmo lle ofrecín a posibilidade de retomar a súa participación na xunta directiva, proposta que está a valorar”, dixo Casas.
O club quere agradecerlle a Modia o seu significativo labor á fronte da xestión burelista, co que contribuíu ao desenvolvemento e consolidación dun proxecto humilde repleto de ilusión dende os seus inicios, e deséxalle o mellor para o futuro.