Nota de prensa
JESÚS MODESTO QUELLE VIDAL É O REPRESANTE DOS COMERCIANTES DE BURELA NA MESA LOCAL DO COMERCIO QUE SE CONSTITUIRÁ EN BREVE.
O edil nacionalista sinalou que “Burela contará xa cun representante do sector do comercio na mesa do local do comercio que se prevé na nova lei de comercio interior de Galicia. Onte tivo lugar a xuntanza co sector no Concello e alí se lles explicou o que dispón esta nova lei de comercio e en especial a constitución desta mesa, na que terán presenza representantes da administración local e autonómica e tamén das asociacións de comerciantes. Como se da a circunstancia de que en Burela non existe dita asociación, convocamos ao sector para que entre eles elexiran a un representante para a mesa”.
González Legazpi explicou que “foi elexido Jesús Modesto Quelle Vidal, que é o titular de Electrodomésticos Quelvi, él será o representante do comercio nesta mesa local e como suplente figura María Isabel Castro González, titular do comercio de moda Isabella. No vindeiro pleno dita mesa pasará os trámites correspondentes para a súa aprobación definitiva”.
O concelleiro de Comercio lembrou que “a mesa local do comercio é un órgano colexiado de participación, coordinación, colaboración entre as administracións locais e os axentes representativos do sector comercial”.
Na xuntanza celebrada onte á noite no Concello de Burela participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Comercio, José González Legazpi.