Nota de prensa:
GALICIA SUB-19 PECHA PECHA O SEU BO PAPEL NO NACIONAL COMO SUBCAMPIOA
A Selección Galega Sub-19 pechou o seu bo papel no Campionato Nacional de Segovia como subcampión tras unha equilibrada final ante a Comunidade Valenciana (2-3). Os de Santiago Valladares accederon á gran cita tras a vitoria a Cataluña (1-4) e o empate con Andalucía (3-3), con presenza goleadora do laranxa Manu.
A tensión protagonizou unha primeira parte sen goles. Nada máis comezar o segundo período, dous goles nun minuto, o primeiro en propia meta e o segundo nunha contra, puxeron moi costa arriba o partido para os irmandiños. Recortou distancias Galicia a falta de trece minutos, pero un despexe desde propio campo sorprendeu a Sergio e puxo o 1-3 no marcador. Pouco despois, a falta de seis minutos, volveu reducir distancias o combinado galego pero o seu acoso nos últimos minutos, con tres lanzamentos aos paus e boas ocasións de gol, non obtiveron recompensa.
Ao final, un 2-3 que se adoza un pouco co Premio ao Xogo Limpo, que foi entregado polo presidente da Real Federación Española de Fútbol, Ángel María Villar, ao burelista Manu como capitán do combinado.
Ficha técnica
Galicia: Sergio, Diego, Ángel, David y Antonio -cinco inicial- Jorge, Manuel, Alejandro e Adrián.
Comunidade Valenciana: Aitor, Alejandro, Gonzalo, Oviaño e Luis -cinco inicial- Pedro, Javier, Tole, Guille, Sergio e Cani.
Goles: 0-1 Antonio, p.p (minuto 21); 0-2 Oviaño (minuto 22); 1-2 Ángel (minuto 29); 1-3 Alejandro (minuto 29); 2-3 Jorge (minuto 32).