Site icon Crónica3.com A Mariña

Expoñen ao público os 32 carteles que que se presentaron para o anunciar o entroido de Burela

Nota de prensa

UN TOTAL DE 32 PROPOSTAS SE PRESENTARON AO CONCURSO CONVOCADO PARA DESEÑAR O CARTEL ANUNCIADOR DO ANTROIDO 2011 DE BURELA. MAÑÁ QUEDARÁ INAUGURADA A EXPOSICIÓN DESTES TRABALLOS PARA QUE OS VECIÑOS POIDAN VOTAR POLO QUE MÁIS LLES GUSTE E O VINDEIRO LUNS PROCLAMARASE O GAÑADOR.

Burela, 7 de febreiro de 2011. Un total de 32 propostas se presentaron ao concurso convocado para deseñar o cartel anunciador do antroido 2011 de Burela. Mañá será inaugurada na Casa da Cultura a exposición destes traballos para que os veciños poidan votar polo que máis lles guste, segundo ven de anunciar a concelleira de Cultura.

Neves Cando sinalou que “como xa anunciamos hai uns días, este ano convocamos un concurso para deseñar o cartel anunciador do antroido de Burela. E a convocatoria foi todo un éxito porque se presentaron 32 propostas. Agora trátase de elixir o cartel gañador e isto ímolo facer cunha votación popular”.

A edil nacionalista anunciou que “mañá martes ás 20 horas inauguraremos na Casa da Cultura a exposición cos traballos presentados e alí mesmo situaremos unha urna para que todos os que queiran participar poidan votar o cartel que máis lles gusta. O horario de votación é de 11 a 13 horas pola mañá e de 18 a 20 horas pola tarde (de luns a venres) e o sábado de 18 a 20 horas. Dende hoxe xa e ata o vindeiro luns día 14 poderase votar”.

O 14 de febreiro ás 20 horas farase o reconto de votos e proclamarase o cartel gañador.

Exit mobile version