Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregarán os premios da certame de Poemas de Amor da biblioteca de Foz no Festival dos Namorados

Nota de prensa

X Certame de Poemas de Amor

O xurado reuniuse o día 21 de febreiro para seleccionar os/as gañadores/as do X Certame de Poemas de Amor. A participación neste certame foi de 62 dos cales hai que salientar os poemas recibidos de fora de Foz  coa participación de xente de Lugo, Ourol, Burela, Ribadeo, As Pontes, Cee, Vilalba… na categoría de adultos, sendo o participamte de maior idade de 83 anos, cousa salientable e de especial mención.

A Biblioteca Pública quere agraceder a todos/as a participación neste certame e sintese satisfeita de que un certame destas características encontre oco entre xentes de todalas idades. Agradecer tamén aos patrocinadores Restaurante Asador a Quinta e Viaxes Rodríguez a súa xentileza na colaboración cos premios que ofrecemos.

Os/as gañadores/as foron os/as seguintes:

Categoría Xuvenil:

1º  premio, 50€ e cea

“Melodia da Paixón”  – Lucía Barrera López (Foz)

2º  premio, 30€ e cea

“Mirarte” – Lucía Otero López (Burela)

Categoría de Adulto:

1º  Premio, 100€ e noite de hotel para dúas persoas.

“Soñandote em silencio”  – Rocío Leira Castro (Cee)

2º  Premio, 60€ e cea

“O sentimento de quererte”  – Jesús Manuel Rodríguez Rubio

A entrega dos premios será no vindeiro Festival dos Namorados que se celebrará o sábado día 26 de febreiro ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura e que contará cunha actuación especial do grupo focense “Mar Aberto”, con temática romántica.

Exit mobile version