Nota de prensa:
OS PROBLEMAS DO CONCELLO DE CERVO RESOLVENSE TRABALLANDO DIA A DIA E NON CRITICANDO A TOURIÑO E QUINTANA
EN CERVO SOBRAN EXCUSAS E FALTAN IDEAS E ALTURA DE MIRAS PARA AFRONTAR OS RETOS ANTE A PERDA DE POBOACIÓN, O PARO E A PAUPERRIMA SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO
CERVO, 01 DE FEBREIRO. O equipo de goberno de Cervo segue anclado no pasado, ou mais ben nunca saiu del. So desta maneira, pódese entender que despois de case 12 anos de goberno no Concello e case dous na Xunta de Galicia, sigan criticando os erros do bipartito e utilicen estes erros coma excusa ante a súa parálise institucional e de goberno.
En referencia as críticas dunha concelleira do PP sobre a xestión do bipartito tras o Klaux, é curioso que sexan os de Alfonso Villares os que den leccións de xestión tras catástrofes sen precedentes, cando eles son incapaces de actuar con axilidade ante problemas puntuais coma as inundacións do mes de xuño. Neste senso hai que recordarlle ao equipo de goberno que aínda están sen amañar moitos dos desperfectos que atañen a Xunta de Galicia coma os destrozos do saneamento e abastecemento en Figuerido, na conca do río Xunco, tras a caída dun muro nunha zoa próxima a un establecemento hosteleiro.
A impotencia do PP ante os problemas de Cervo
Entendemos que a forma que teñen de actuar os concelleiros do PP, á defensiva, é mais propia dun animal acorralado que ataca para defenderse ante a impotencia de non poder atopar unha saída aos problemas, que no caso de Cervo son moitos e variados; lamentablemente estes problemas non se solucionan coas visitas dos conselleiros senon con tempo, ganas, imaxinación e unha mesa de traballo onde collamos todos sen excepción.
Traballar para os veciños e non para o PP
Dende o noso punto de vista, o que teñen que facer os concelleiros do equipo de goberno é deixar de traballar para o PP en horas de oficina, apartar aos “pecha-escolas” e “vende-motos”, centrarse en priorizar as necesidades dos veciños e xestionar con eficacia e eficiencia os recursos dispoñibles (cada vez mais excasos debido á crise); só desta maneira, e non co marketing político poderemos afrontar os problemas do noso concello. Para todo elo, ofrecemos a nosa colaboración e o noso compromiso, e tamén as nosas críticas cando corresponde.