Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP de Burela que estudará unha ordenanza sobre accesibilidade

Nota de prensa

O PP non esquece o proxecto de centro de discapacitados psíquicos.

Estudiarán a redacción dunha ordenanza sobre accesibilidade.

Os populares reuníronse nos últimos días con diversos colectivos.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela continuou nestes últimos días mantendo reunións con diversos colectivos para coñecer de cerca os problemas que tén o asociacionismo burelés en conxunto e particularmente, e tentar de ofrecer solucións para o seu funcionamento.

Así, nunha reunión mantida co Clube de Motos “Os centolos”, coa Pataca Naranxa, co Clube Ciclista, Clube Náutico, e con Pasada das Cabras, o PP insistiu na necesidade dun maior control do gasto municipal para poder garantir unha liña de axudas a todos os colectivos e asociacións. Os populares non esqueceron que a situación económica é mui grave, de aí a súa teima de abordar un plano de contención do gasto corrente que nestes catro anos non se fixo, a pesares da situación que se está a vivir.

Ademais, reuníronse con representantes de COGAMI e CAMIÑA, entidades que se centran nas persoas con discapacidades. Os populares comprometéronse a estudiar a redacción dunha ordenanza sobre a accesibilidade no seu conxunto. Ainda recoñecendo que nestes catro anos houbo avances nesta materia, continuando co traballo comenzado durante a etapa de goberno municipal do PP, os populares consideran que se perdeu o tempo en elaborar algún regulamento que non serve para nada, cando non estaría de máis buscar unha normativa municipal sobre a accesibilidade de carácter transversal, normativa que en todo caso debería ser realista e aplicable, escapando de calquera idealización na resolución deste problema.

Igualmente, o PP non esquece un proxecto que se puxo riba da mesa durante os dous últimos anos de mandato popular no concello e que despois quedou absolutamente paralizado: a ubicación en Burela dun centro ocupacional e internado de discapacitados psíquicos. Os populares indican que é un proxecto que hai que retomar e estudiar a súa viabilidade financieira e operacional, un proxecto que haberá necesariamente que redefinir, porque leva catro anos paralizado.

Exit mobile version