Site icon Crónica3.com A Mariña

Despois da tirada de Vilachá a liga de bolos de Xove aínda está aberta

Nota de prensa:

-Tarde soleada e moi agradable.

-44 inscritos,    28 na Liga Senior,    8 na Sub 18 e  8 na Liga Feminina.

Liga Senior.- HAI LIGA!. Quen o ía decir, que a falla de dúas tiradas e 26 puntos máximos por disputarse, calquer dos catro primeiros clasificados pode gañar a competición, xa que a diferencia entre o líder Arturo Vigo (104 puntos) e o cuarto Luis Rancaño (96 puntos) é de só 8 puntos. O fallo de Arturo Vigo, quen non conseguiu siquer puntuar, foi aproveitado polos seus tres principais rivais (Ginés, José Rafael e Luis), tódolos cales conseguiron acadar boas puntuacións, quedando Ginés a 4 puntos, José Rafael a 7 e Luis a 8. A xornada inda foi máis nefasta para Arturo xa que veu cómo Luis Rancaño lle empataba a mellora bolada do campionato a 81 puntos, polo que se ninguén a supera, terán que desempatala na última xornada de Sumoas.

Unha noticia positiva foi a victoria de Carlos Javier Rodríguez “O Felgo”, quen despois de varios meses de inactividade debido a unha lesión, retornou ao campo de xogo e o fixo cunha victoria, o que nos alegra sobremaneira, xa que se trata dun gran xogador.

LIGA SENIOR – CLASIFICACIÓN PROVISIONAL
ARTURO VIGO CASABELLA 104 1º  – TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL
GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 100 2º  TROFEO AUTOESCUELA MUNDAIL
JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 97 3º  TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL
LUIS RANCAÑO BOUSO 96
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 67
MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 60
MELLOR BOLADA PROVISIONAL:  -ARTURO VIGO (OBTIDA O 4 DE DECEMBRO DE 2010 NO C.S. DE SUMOAS)-LUIS RANCAÑO (OBTIDA O 19 DE FEBREIRO DE 2011 NO C.S. DE VILACHÁ) 81 tantos TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL

Liga Sub 18.- Nesta Liga sigue tamén a emoción, e Salomé Cardoso e Aitor Bouso continúan coa súa liorta particular, neste caso favorable a Aitor Bouso quen lle logrou recortar en dous puntos a diferencia con Salomé, quedando agora a 6 puntos da líder, puntos que se son ben administrados por Salomé poden ser suficientes para gañar o campionato. Na terceira posición continúa Daniel López con 40 puntos, quen nas últimas xornadas se desplomou, non conseguindo puntuar nas últimas catro. De todas formas, a excelente campaña realizada na primeira volta, vaille permitir ocupar con toda seguridade o terceiro posto absoluto final, inda que ClaudIa Fernández matematicamente o podería alcanzar, pero non o vemos factible. Polo tanto, tamén moita emoción nesta categoría ata o final, onde Aitor debe quedar por diante de Salomé na próxima tirada se quere seguir aspirando a gañar, en caso contrario, Salomé podería proclamarse matematicamente campiona a vindeira semana en Morás.

LIGA SUB 18 – CLASIFICACIÓN PROVISIONAL
SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 62 1º  – TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL
AITOR BOUSO GAVIN 56 2º  TROFEO AUTOESCUELA MUNDAIL
DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 40 3º  TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL
CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA 28
SAMUEL REY ÁLVAREZ 19
ISAIAS CARDOSO 20
MELLOR BOLADA PROVISIONAL –  SAMUEL REY   (OBTIDA O 30 DE OUTUBRO DE 2010 NA BOLERA DO CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE) 62 tantos TROFEO

Liga Feminina.- NOVO CAMBIO NA CLASIFICACIÓN. A mala xornada da ata ese momento líder Belén Meitín, quen non foi capaz siquer de puntuar, costoulle o liderato e, ao mellor, incluso o campionato, o cal se verá nas dúas tiradas que faltan. A reacción de Dolores Baño, que ademáis da tirada conseguiu a mellor bolada, fai que agora lidere (57 puntos) con 5 puntos de ventaxe sobre a segunda Belén Meitín. Belén ten tamén outro problema, xa que por detrais ten a actual campiona Carmen Roca, quen está a só a 4 puntos da segunda posición. Fora xa da loita polos tres primeiros postos temos a Concepción Piñeiro con 32 puntos e Salomé Cardoso con 31. Polo tanto, quédanos dúas tiradas tamén apaixoantes nesta categoría, nas cales o orden das actuais tres primeiras  pode cambiar totalmente.

LIGA FEMININA – CLASIFICACIÓN PROVISIONAL
DOLORES BAÑO FRAGA 57 1º  – TROFEO
BELÉN MEITÍN ROUCO 52 2º  – TROFEO
CARMEN ROCA CORRAL 48 3º  – TROFEO
CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 32
SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 31
MELLOR BOLADA PROVISIONAL –  BELÉN MEITÍN   (OBTIDA O  17 DE XANEIRO DE 2011 NO CLUB SOCIAL DE PALMEIRO) 68 tantos TROFEO

A Vindeira tirada, oitava da Segunda Volta e penúltima do campionato, vai ter lugar na BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE MORÁS, O VINDEIRO SÁBADO, 26 DE FEBREIRO DE 2011.

Exit mobile version