Nota de prensa
A ÁREA DE CULTURA VOLVE PROMOCIONAR A CULTURA DO PAÍS COS MANTEIS BAIXO PRATOS
Os manteis, que teñen un grande éxito entre os turistas e visitantes, están ilustrados con imaxes e información sobre o patrimonio e as actividades culturais de Lugo
LUGO, 23 de febreiro de 2011. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, presentou esta mañá na cociña do Museo de Lugo unha nova tiraxe de 400.000 manteis baixo pratos, acompañado do presidente e vicepresidente da Asociación Provincial de Hostalería de Lugo, Cheché Real e José Manuel Cela. Os manteis, para os que a Área de Cultura aporta 12.000 euros, están ilustrados con imaxes e información sobre o patrimonio e as actividades culturais de Lugo como son o Entroido Ribeirao, o desfile do Oso de Salcedo ou as Danzas da Cervela.
Na súa intervención, o vicepresidente lembrou que esta “é a cuarta edición que se fai deste proxecto de manteis baixo pratos, que serán difundidos de novo polos establecementos da provincia e ademais de dar información sobre lugares de interese ou instalacións museísticas e culturais, nos manteis tamén se dá conta do patrimonio inmaterial xa que se inclúe o conxunto de ritos e festexos propios do Entroido do sur de Lugo, representado polo Entroido Ribeirao actividades como o Meco e as Pampórnigas de Quiroga, a festa das Fachas do Saviñao e Taboada e as Danzas da Cervela no Incio”. Agradeceu “que a asociación de hostaleiros colabore co seu traballo para difundir a cultura propia, lucense e do país, nos establecementos de todas as comarcas lucenses”. Antón Bao manifestou a súa satisfacción polo éxito acadado en pasadas edicións desta iniciativa e deu os parabéns á Asociación de Hostalería polo seu traballo nos propios establecementos e pola busca de campañas de divulgación coas que “a Área de Cultura seguirá colaborando activamente”.
Pola súa banda, Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Hostalería de Lugo, mostrouse moi agradecido polos esforzos da Deputación de Lugo para promocionar os seus atractivos de xeito que revertan na economía local. Explicou que os manteis se repartirán polos estabelecementos asociados á Asociación de Hostalería de Lugo, e afirmou que“tanto entre os hostaleiros como entre os turistas e visitantes que se achegan á provincia, os manteis teñen un gran éxito: o primeiro que fan é sentarse na mesa, apartar o prato e consultar no mapa de onde veñen, ou a onde se dirixen, e incluso pr