Site icon Crónica3.com A Mariña

Colocaron en Ribadeo colectores da fundación Humana Pobo a Pobo para a recollida de roupa

Nota de prensa:
EN RIBADEO FORON COLOCADOS CINCO CONTEDORES POLA FUNDACIÓN HUMANA PUEBLO A PUEBLO PARA A RECOLLIDA DE ROUPA, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR HORACIO CUPEIRO.

Ribadeo, 15 de febreiro de 2011. En Ribadeo foron colocados cinco contedores pola Fundación Humana Pueblo a Pueblo para a recollida de roupa, segundo ven de anunciar o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.

O edil nacionalista explicou que “estes días colocamos en Ribadeo uns contedores para a recollida de roupa, foron colocados pola Fundación Humana Pueblo a Pueblo. Trátase dunha fundación asistencial do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais”.

Cupeiro dixo que “despois de falar cos representantes de Cáritas aquí en Ribadeo, e vendo tamén a demanda existente xa que había moitas persoas que se dirixían ao Concello para ver si había posibilidade de entregar a roupa nalgún sitio máis, procedemos a colocar estes contedores na avenida de Luarca, Rosalía de Castro, Praza de España, Vilaframil e nas inmediacións do hipermercado Eroski”.

O concelleiro de Medio Ambiente insistiu en que “as persoas que queiran seguir entregando a roupa en Cáritas poden facelo e aquelas que o desexen poden tamén deixala nestes contedores. A roupa que se recolla aquí, si houbese familias que a precisasen en Ribadeo ou noutros concellos da zona poden solicitalo a través da Fundación, senón será enviada a países de África e Latinoamérica, onde as necesidades nesta materia son moi importantes”.

Exit mobile version