A concelleira Pilar Armada reuniuse con colectivos e asociacións de San Ciprián para ultimar a programación de actos do Entroido. Segundo indicou Armada, asistiron a á reunión a asociación Alborada, CIT, Cruz da Venta, Pasiño a Pasiño, Os Farillóns e A Sombriza. A falta de concretar definitivamente o programa, acordouse a celebración dun baile infantil no pavillón da Veiga o luns; e ao día seguinte, o martes, o desfile de Entroido para comparsas, grupos, parellas. Unha vez remate o desfile celebrarase un baile na discoteca Pasos.