Nota de prensa:
CCOO-ENSINO ORGANIZA UNHA MESA REDONDA SOBRE A LEI DE
CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA EN
VIVEIRO
Esta central sindical chama á participación neste acto a toda a
comunidade educativa coa finalidade de que aporten as súas ideas e
opinións e de que se coñeza a postura de CCOO ante esta lei
Viveiro, a 2 de febreiro de 2011.
Mañá, día 3 de febrero, o sindicato do Ensino de CCOO de A Mariña organiza unha
mesa redonda, onde estarán presentes todos os sectores da comunidade educativa co
obxectivo de provocar o debate ante un tema que considera de “gran calado” para toda a
sociedade como é o da convivencia nos nosos centros escolares.
Consideramos que unha normativa de tan largo alcance debe ser froito da” discusión
sosegada na que participen todos os sectores da comunidade educativa de cara a presentar
una normativa que suscite o maior consenso posible”.
Neste sentido, cómpre lembrar que o pasado 28 de xaneiro CCOO gañou no Consello
Escolar de Galicia unha emenda á totalidade da Lei de Convivencia e Participación, xunto con
outras sete enmendas. Polo tanto, pedimos a devolución da mesma á Consellería de Educación
para que elabore unha nova fundamentada na participación de todos os sectores.
O que pretendemos dende CCOO-ENSINO é ofrecerlle a toda a comunidade educativa:
pais, nais, alumnos, docentes, administración…unha vía , neste caso unha mesa redonda, para
que se escoiten as súas propostas e opinións sobre unha lei que condicionará o día a día dos
centros de ensino, dos alumnos e dos docentes de Galicia.
Así pois, consideramos que a mesa redonda que vai ter lugar mañá en Viveiro ás 7´30 é
unha ocasión única e excepcional para a posta en común das diferentes propostas dos sectores
educativos implicados. Os participantes son:
Por parte da Administración Educativa: Concepción Aranburu Sánchez (Inspectora xefa da
Deleagción Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo)
Polo sector de pais e nais: Abilio Calvo López ( Secretario da Federación Provincial de ANPAS de
Lugo)
Polo sector do alumando: Iria Moliner Piñón ( Alumna de 4º de ESO do IES Mª Sarmiento de
Viveiro e escritora)
Polo sector do profesorado: Juan José Pardo Gato (Director do IES Mª Sarmiento de Viveiro)
Gloria Fernández Blanco (docente do IES Fontem Albei de Fonsagrada)
Emilio González Legaspi (Oriéntador no IES Marqués de Sargadelos de S.Cibrao)
Por CCOO: Jose Fuentes Fariña (Federación do Ensino de CCOO de Galicia).
Coordinará o acto: Dulce María López Gasalla (docente no IES Illa de Sarón de Xove)
Ao remate da mesa redonda e para pechar o acto, terá lugar a presentación do libro:
“Un marinero gallego: Ramón de Sobradelo” a cargo da súa autora Mª Belén López Ruíz.