Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela será punto de cita do baloncesto provincial na xornada do domingo

Nota de prensa

BURELA ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO UNHA XORNADA DE BALONCESTO DESTINADA ÁS CATEGORÍAS CADETE, INFANTIL E MINIBASKET TANTO MASCULINAS COMO FEMININAS DE TODA A PROVINCIA.

Burela, 9 de febreiro de 2011. Burela acollerá o domingo 13 de febreiro unha xornada de baloncesto destinada ás categorías cadete, infantil e minibasket tanto masculinas coma femininas de toda a provincia. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deportes, Neves Cando.

A edil nacionalista sinalou que “seguindo coa colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, que xa nos permitiu o ano pasado acoller en Burela unhas xornadas de concentración da selección galega alevín feminina de cara ao campionato de España e asímesmo desenvolver a primeira das xornadas do centro de tecnificación itinerante, que puxo en marcha dita Federación… agora colaborando nós coa Delegación Zonal de Baloncesto de Lugo e co Clube Baloncesto Burela váise desenvolver o domingo 13 de febreiro unha nova xornada de traballo destinada a completar o programa destes centros de tecnificación”.

Neves Cando explicou que “ditos centros son unha ferramenta de seguimento dos xogadores e xogadoras máis novos. Trátase dunha convocatoria aberta, unha completa xornada de adestramentos e exercizos orientada ás categorías cadete, infantil e minibasket tanto masculinas como femininas. Os clubes da Mariña e de toda a provincia poderán enviar ata un máximo de 3 xogadores e 3 xogadoras, que segundo a súa idade seguirán un plan de traballo desde as 12 da mañá ata as sete da tarde nos dous pavillóns de Burela, o Vista Alegre e o dos institutos”.

Exit mobile version