Nota de prensa
ALFREDO LLANO CONVOCA A UNHA XUNTANZA AOS REXEDORES DOUTROS NOVE CONCELLOS DA MARIÑA PARA FALAR DA UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS.
Burela, 24 de febreiro de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convoca a unha xuntanza aos rexedores doutros nove concellos da Mariña para falar da unidade asistencial de drogodependencias. O encontro será o 10 de marzo.
Llano contou que “convoco aos alcaldes de Mondoñedo, Lourenzá, Valadouro, Alfoz, Foz, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo para falar da unidade de drogodependencias que presta os seus servizos en Burela. Aínda non recibimos da Xunta a subvención do ano pasado e como Concello adiantamos tanto os cartos para pagarlle ao persoal que traballa nesa unidade e para a compra de material co fin de que esas instalacións funcionasen durante todo este tempo ao 100%”.
O rexedor asegurou que “ésta é unha situación insostible para o noso Concello, dado que levamos adiantados os cartos de todo un ano de traballo. Para este 2011 se prevé que se cobre o 80% desta subvención o antes posible, pero aínda a día de hoxe non recibimos”.
Alfredo Llano explicou que “a miña chamada a estes alcaldes prodúcese porque os seus concellos disfrutan deste servizo ao igual que nós aquí en Burela. Imos falar un pouco para que as subvencións se paguen o antes posible e tamén de que Burela non asuma toda a responsabilidade deste servizo, que é compartido. Eles teñen que aportar unha determinada cantidade e ese cantidade tampouco se está a facer efectivo, co que aínda se agrava máis a situación do noso Concello”.
A reunión será o 10 de marzo ás seis da tarde, “hoxe tivemos un encontro en Mondoñedo sobre a Fundación Comarcal da Mariña Central, alí había varios alcaldes e xa lles falei das miñas intencións neste sentido”.