Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Atalaia de Ribadeo pide sepulturas suficientes nos cemiterios municipais

Nota de prensa:
Atalaia ante a construción e sorteo de nichos o pasado mes de decembro de
2010

DICIMOS:

Desde esta asociación solicitamos e reiteramos que é prioritario que o
concello de Ribadeo dispoña nos seus Cemiterios Municipais de nichos
construídos para dar sepultura se se precisa.

Insistimos na nosa petición de destinar unha zona de terra dentro do
Cemiterio para o esparexemento ou enterramento de cinzas procedentes de
cremación ou incineración e construción de columbarios con ese fin

Consideramos ao Cemiterio de Ribadeo como un ben cultural, nel existen
enterramentos trasladados do antigo Cemiterio e solicitamos tráteselle como
tal para evitar agresións por exemplo a destrución das vidreiras da Capela.

Exit mobile version